O raposo e a Enfermidade de Lyme

Como lembraredes esta charla estaba prevista para o venres, 30 de abril, pero por problemas técnicos non puidemos levala a cabo. Por este motivo, Chisco Lema ofreceuse a volver a dar de novo a charla dentro dos nosos Encontros Naturalistas o próximo venres, 21 de maio. Francisco Javier Lema Fuentes, Chisco, falarános do motivo que…

Representación institucional do ecoloxismo galego a través da FEG

O pasado 12 de abril a FEG entregou no Rexistro telemático de atención ao cidadá, dirixíndose á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Servizos Cinexéticos e Piscícolas, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellaría de Medio Ambiente, Território e Infraestruturas, a solicitude de revisión do procedemento de convocatoria de Comités de Caza e Pesca…

A veciñanza de Negueira mobilízase para frear o proxecto eólico de Valvaler

Constitúese a plataforma “Stop Eólicos Negueira” para impedir que se constrúa o parque eólico de Valvaler que afectaría a numerosos espazos da Rede Natura 2000 en Negueira de Muñiz. Grazas á colaboración de centos de veciñas e veciños, colectivos sociais e entidades ecoloxistas a plataforma presentou preto dun milleiro de alegacións ao Principado de Asturias…

A paralización dos dragados no canal da ría e a súa xestión

A recente paralización por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica da vertedura dos materiais de dragado procedentes do canal da Ría de Pontevedra é consecuencia, por unha parte da gravidade do impacto ambiental que se leva producindo no entorno da Illa de Sálvora, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e por outra, da necesidade…

ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2020

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) anunciou onte, na súa 45ª Asemblea Xeral de socios e socias, o fallo dos Premios Osíxeno e Dioxina 2020, que nesta edición xa cumpren 20 anos. Con estes galardóns ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista….

Roi Cuba Dorado, escollido novo presidente de ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebrou hoxe a súa 45ª Asemblea Xeral que, nesta edición se desenvolveu en formato telemático debido ás actuais circunstancias sanitarias. Nesta asemblea elixiuse nova directiva para os dous vindeiros anos encabezada polo biólogo lugués, Roi Cuba Dorado, ata agora vicepresidente de ADEGA. Tamén se anovaron outros…

Na procura da “Orella de Rato”

Un ano máis unhas cantas persoas namoradas do noso “ilustrado” pontevedrés do século XVIII, El Padre Sarmiento emprendemos a búsquea dunha planta que nunha das viaxes a Pontevedra en 1.755, un luns de pascua, Sarmiento debuxou e describiu a carón do río Gafos. Pasados 42 anos o botánico Person a describiuna e a nomeouna como Myosotis…

“Por un Monte Galego con Futuro” reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura

A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da…

Froxán: roga e roteiro o 2 de maio

O DOMINGO 2 de maio as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores seguida dun roteiro histórico-ambiental pola tarde na contorna das Minas de San Fins. As prazas son limitadas para gardar todos os protocolos de seguranza. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias…