Xornada de voluntariado con Brexa

O domingo 29/01/2023, de 10:30 a 13:30, temos unha xornada de voluntariado na parcela dos Muiños do Quenllo. Faremos traballos de mantemento nas zonas que traballamos o ano anterior.O punto de encontro será, como habitualmente, no polígono dos Capelos a partir das 10:15. Se queredes participar avisar por:email: brexa.asociacion@gmai.comtlfno: 698146685

Xaneiro con verdegaia: Eliminación de xuncia (Cyperus Eragrostis) en Vilaboa

En Xaneiro, dentro da Campaña 12 Meses, 12 Invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade realizaremos unha actividade de eliminación de Xuncia (Cyperus eragrostis) en Vilaboa. Empezamos a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos impedindo o desenvolvemento das especies…

O G.N. Hábitat declarado de Utilidade Pública

O Grupo Naturalista Hábitat ven de ser recoñecido como Entidade de Utilidade Pública (DOG de 3 nov 2022). Esta categoría concédese a aquelas asociacións sen ánimo de lucro que, cumpran de maneira efectiva cos fins marcados nos seus estatutos cunha adecuada organización de medios materiais e humanos e nas que a súa actividade produce un beneficio que…

12 meses, 12 invasoras: Campaña anual para combater a perda de biodiversidade

Verdegaia presenta a campaña “12 Meses, 12 Invasoras’” que decorrerá ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). As Especies exóticas invasoras son a segunda principal causa de perda de biodiversidade. Ao estenderse impiden o desenvolvemento das especies autóctonas provocando unha alteración no equilibrio dos ecosistemas….

A eucaliptización e os parques eólicos ameazan a Ave do Ano 2023

A ‘Sociedad Española de Ornitología’ (SEO/BirdLife), a través dunha votación pública, ven designar a tartaraña cincenta (Circus pygargus) como Ave do Ano 2023 en España. Con esta acción, SEO/BirdLife “pon o foco sobre unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación ou porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen para…

Hábitat presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural Fragas do Eume

Xa no pasado mes de maio de 2022, diferentes entidades conservacionistas galegas asinábamos un escrito onde expoñíamos a nosa preocupación polo estado de conservación do Parque Natural Fragas do Eume, afeando á Xunta o xeito de convocar ás entidades ambientais para a valoración do denominado Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), do que a Administración levaba 25…