Verdegaia organiza un roteiro de iniciación á identificación de especies exóticas invasoras o vindeiro Domingo 1 de Maio no Porriño

As Especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda principal causa de perda de biodiversidade, xusto despois da destrución de hábitats polo que é importante coñecer como identificalas e como xestionalas. Neste roteiro aprenderemos a identificar algunhas das especies máis perigosas para o ecosistema do río Louro ao seu paso polo Porriño. Nun curto paseo de…

Paxareando polas Lagoas de río Caldo

A Semana Santa se complicou un pouco para os socios do clube Andoriña, a covid afectou a varios membros do grupo e de feito se suspendeu oficialmente a actividade do grupo para estas datas, pero a pesares diso, catro mebros do grupo decidiron saír pola súa conta e manter a visita prevista ás Lagoas de…

Apoio á Plataforma en defensa de Monte Neme e Movemento en Defensa de Soandres Montemaior e Cerdeira na loita contra os macroeólicos nas nosas aldeas

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova somos sensibles ás problemáticas xurdidas da proliferación de proxectos de macroeólicos nas nosas aldeas. Dende este sentido, apoiamos as reivindicacións veciñais xurdidas nas nosas comarcas para impedir a construcións destes proxectos baseados na especulación enerxética e que pretenden instalarse a carón das nosas aldeas sen contar coa veciñanza. Galicia,…

Xornada ambiental na Torre de Hércules

Velaquí unha nova cita coa natureza! Da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, e con motivo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, realizaremos unha nova xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules. Desta volta descubriremos a diversidade de fauna e flora aquí presente, aproveitando o noso percorrer para facer unha retirada activa…

ADEGA e Narón alertan sobre a expansión dunha planta invasora na Costa Ártabra

ADEGA-Ferrolterra, xunto co Concello de Narón, por medio do seu concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, vñeen de denunciar diante da Consellaría de Medio Ambiente a expsansión descontrolada que está experimentando unha planta exótica invasora na Costa Ártabra, nomeadamente no municipio de Narón. Trátase da especie Helicrisum petiolare. Desde ADEGA e o concello de Narón denuncian…

A Serra do Xistral, terra de sacrificio para as eléctricas

A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo  en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas! O proxecto da central reversíbel “Xistral” promovida por unha empresa unipersoal (Desarrollos…