Este 22 de maio é o Día Mundial da Diversidade Biolóxica. En ADEGA queremos facer repaso ao estado da biota galega, centrándonos na situación das especies máis ameazadas. Este ano o lema que propón a ONU é “Somos parte da solución” en referenza ao imprescindíbel compromiso da sociedade coa conservación e recuperación da diversidade natural….
Categoría: Biodiversidade e espazos naturais
A Myosotis discolor Pers, descrita por Sarmiento, xa é oficial no río Gafos
As herbas atopadas ao carón do río Tomeza, coinciden coa “Orella de rato” que levamos buscando dende hai catro anos. Esta herba descrita e debuxada polo Padre Sarmiento un 31 de Marzo de 1755, día que coincidía co luns de pascua, na rota de Cabanas a San Cibrán nas proximidades do río Tomeza. Naquel entón…
A fiscalía investiga os incendios forestais provocados polas queimas ordenadas pola Consellería do Medio Rural
“Por un Monte Galego con Futuro”, plataforma da que fai parte ADEGA e outras 50 organizacións, promoveu ante a fiscalía de Ourense e Lugoa apertura dunha investigación penal polos incendios forestais producidos o pasado mes de abril a consecuencia das queimas levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural na Serra do Courel e na…
A veciñanza de Negueira mobilízase para frear o proxecto eólico de Valvaler
Constitúese a plataforma “Stop Eólicos Negueira” para impedir que se constrúa o parque eólico de Valvaler que afectaría a numerosos espazos da Rede Natura 2000 en Negueira de Muñiz. Grazas á colaboración de centos de veciñas e veciños, colectivos sociais e entidades ecoloxistas a plataforma presentou preto dun milleiro de alegacións ao Principado de Asturias…
“Por un Monte Galego con Futuro” reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da…
Campaña de crowfunding para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica fronte aos macroproxectos eólicos
No Día da Terra 2021, seis organizacións ecoloxistas con ampla implantación na cornixa cantábrica unen as súas forzas para emprender, co soporte dunha campaña de doazóns, un fondo xurídico co que impulsar acción legais para evitar a destrución das montañas cantábricas ante a enxurrada de proxectos eólicos a grande escala. As entidades impulsoras do proxecto…
O CES solicita a reutilización das estacas anti-covid de Silgar para protexer a duna de Baltar
Segundo informacións aparecidas na prensa, as estacas retiradas da parcelación anti Covid de Silgar, van ser reutilizadas polos responsables do Concello de Sanxenxo con fins medioambientais e de protección dunar. Por iso dende o CES acabamos de solicitar ao Concello que reutilice parte de ditas estacas para delimitar unha zona no ecosistema dunar de Baltar…
A Federación Ecoloxista Galega ven de remitir un informe negativo sobre o inicio do proxecto de construción dun parque eólico na Serra do Eixe
· O proxecto, denominado Parque Eólico de Prada e que se atopa na fase de consultas, pretende instalar aeroxeradores no entorno dos Montes de Pena Trevinca e do Macizo Central Galego. · A Federación Ecoloxista Galega alerta dos graves impactos que a posible construción deste parque eólico provocaría nunha zona de tan alto valor ambiental…
Delirio eólico en Trevinca: construir 38 km de autovía e 29 campos de fútbol no teito de Galiza
A actual burbulla eólica está a acadar dimensións delirantes. Entre a enxurrada de parques tramitados pola Xunta hai que engadir unha boa presada doutros que tramita o Estado (os de máis de 50MW). Entre estes figura un novo proxecto, o parque eólico “Alto Cabrera”, promovido por ENEL Green Power, que pretende instalar 29 aeroxeradores de…
Manifesto por un Monte Galego con Futuro e contra o Plan Forestal do PP
As organizacións abaixo asinantes rexeitamos na súa integridade a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tanto a versión exposta a información pública (2018) como a presentada actualmente (2021) no Consello Forestal de Galiza, con vistas a ser aprobado no primeiro trimestre de ano. Así mesmo, solicitamos a súa anulación e a elaboración dunha nova…
Néboa Medio Ambiente celebra o Día da Árbore
O día da árbore é unha data que Néboa Medio Ambiente nunca esquece, por moitas razóns, polo que reviindica, porque cada ano nos lembra a nosa especial vinculación coas árbores e os bosques galegos, porque as primeiras actividades da nosa asociación foron celebracións coma esta, …. Co paso do tempo en Néboa nos dimos conta…
Plantación de teixos na Eira da Xoana
O sábado 6 de marzo, a asociación ecoloxista ADEGA e a Fundación Eira, coa colaboración de Bodegas Lodeiros, o LIFE Baccata do IBADER (USC), o CFEA de Lourizán e o Concello de Agolada, realizaron unha plantación de teixos para poñer en valor esta árbore milenaria que está a desaparecer do noso territorio. A repoboación de…