Gato bravo, especie do ano 2014 na Reserva da Biosfera MCeTM

O gato bravo (Felis sylvestris) é unha especie presente en Galicia, pero da que non hai moita información publicada. Por iso, é necesario actualizar, polo menos parcialmente, o coñecemento sobre a súa distribución e abundancia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade. Por este motivo, o gato bravo foi escollido como Especie…

Na Semana do Medio Ambiente: Bosques e costas, a nosa identidade

O vindeiro 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente. Para ADEGA todos os días están adicados ao noso medio, mais como nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos (8 de xuño) unimos as dúas reivindicacións e preparamos unha serie de actividades que abranquen á terra e ao…

5 de xuño: Día Mundial do Medio ambiente

O pasado domingo 1 de xuño celebrouse unha actividade naturalista no Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) Ribeiras do Louro-Gándaras de Budiño organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación Herpetológica Española (AHE) e Verdegaia co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente. A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos destinada a…

ADENCO envía nova documentación á Comisión Europea no ámbito da denuncia presentada pola Senda no Río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten realizado nestes días novos envíos de documentación á Comisión Europea en relación coa denuncia presentada polas actuacións realizadas na Senda no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea. Concretamente ADENCO tenlle enviado ás institucións europeas diferentes documentos entre os que se atopan as autorizacións previas das sendas nas que se indican…

Alegacións de ContraMINAcción á mina a ceo aberto de Cementos Cosmos en Triacastela

A rede de colectivos contra minaría destrutiva ContraMINAcción presentou alegacións no trámite administrativo iniciado no Concello de Triacastela para tentar legalizar a mina a ceo aberto que Cementos Cosmos S.A. veu explotando de forma ilegal durante as últimas catro décadas e que neste momento se encontra paralizada por non contar con licenza municipal, sendo esta só unha…

O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitaria

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños analiza o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados O goberno da Xunta fachandea de que Galiza é a segunda comunidade autónoma en contar cun Plan Director da…

Plano Director da Rede Natura: o novo PXOM de Feijóo e Hernández

Facer do que debería ser unha excepción, regra; considerar como permitido o que debera ser autorizábel e como autorizábel o que debera estar proibido, coa fin de baleirar de contido as proteccións ambientais, “pontear” a Directiva de Hábitats e arrogarse a potestade de autorizar discrecionalmente calquera cousa, é o espírito deste Plano de Deconstrución da…

O dragado da ría do Burgo podería aumentar os niveis de contaminación das augas

Ante a proposta de rexeneración da ría do Burgo elaborada polo Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), que a finais do ano pasado fixo público o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural, Rabo do Galo e Sociedad Española de…

Balsa mineira do Monte Neme: 23 mil m3; balsa de Corcoesto con arsénico e cianuro: 11 millóns de m3. Xunta: Todo controlado?

ADEGA quere expresar a súa solidariedade coa cidadanía afectada pola enxurrada da balsa mineira carballesa, veciñanza e concello que por certo veñen reclamando dende hai meses á Xunta un plano de seguranza para esta instalación, plano que agora chegará tarde. Resulta curioso que este accidente aconteza nunha comarca arestora ameazada pola maior explotación de ouro…