Marzo Brigadista con VERDEGAIA: Sábado 4 en Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas) en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia convocan unha nova roga no Morrazo o sábado 4 de marzo. Que faremos? Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira.Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar. Lugar de encontro: Pequena chaira para deixar…

Marzo brigadista con VERDEGAIA: Domingo 5 en Vilacova (Lousame)

En maio de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o  traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde se machacaron os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. Que…

BREXA planta árbores autóctonos con alumnado de 4º de ESO do IES de Carral

O pasado 9 de febreiro realizamos unha actividade con alumnado do 4º curso de ESO do IES de Carral que xa participara o febreiro do ano pasado nunha plantación de cerdeiras no parque dos Capelos. Este ano traballaron na parcela do Muíño do Quenllo, nunha superficie duns 1000 m2. Plantáronse freixos, avelairas, ameneiros, pradairos, carballos…

O 18 de febreiro, Verdegaia plantará árbores autóctonas en Cedeira

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido). Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio…

O Goberno de España e a Xunta ameazan a poboación de aguia real en Galicia

A aguia real (Aquila chrysaetos) en Galicia mantén unha pequena poboación, en Perigo de Extinción segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, que sobrevive nos lugares menos humanizados da montaña de Ourense e Lugo. Esta especie, da que non más de media ducia de parellas se reproducen cada ano en territorio galego, é unha das máis afectadas…

Xaneiro con verdegaia: Eliminación de xuncia (Cyperus Eragrostis) en Vilaboa

En Xaneiro, dentro da Campaña 12 Meses, 12 Invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade realizaremos unha actividade de eliminación de Xuncia (Cyperus eragrostis) en Vilaboa. Empezamos a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos impedindo o desenvolvemento das especies…

12 meses, 12 invasoras: Campaña anual para combater a perda de biodiversidade

Verdegaia presenta a campaña “12 Meses, 12 Invasoras’” que decorrerá ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). As Especies exóticas invasoras son a segunda principal causa de perda de biodiversidade. Ao estenderse impiden o desenvolvemento das especies autóctonas provocando unha alteración no equilibrio dos ecosistemas….

A eucaliptización e os parques eólicos ameazan a Ave do Ano 2023

A ‘Sociedad Española de Ornitología’ (SEO/BirdLife), a través dunha votación pública, ven designar a tartaraña cincenta (Circus pygargus) como Ave do Ano 2023 en España. Con esta acción, SEO/BirdLife “pon o foco sobre unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación ou porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen para…