Pasado, presente e futuro do naturalismo galego

O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e…

A FEG apoia a manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de agua da Mina de San Finx

A FEG súmase á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector. A FEG xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais veñen denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade…

Presentamos unha queixa pola reiterada negativa da Presidencia a permitir no COGAMADS o debate sobre as repercusións ambientais do “boom” eólico

Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) vimos de acudir en amparo á Valedora do Pobo para que se nos permita exercer libremente as nosas funcións como membros deste organismo colexiado. Diante do persistente veto da presidenta, a conselleira Ángeles Vázquez, a incluir na orde do día unha proposta…

Marzo brigadista con VERDEGAIA: Domingo 5 en Vilacova (Lousame)

En maio de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o  traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde se machacaron os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. Que…

A APDR presenta alegacións á senda peonil/ciclista de Mollavao a Praceres

Vaia por diante que na APDR apostamos polo benestar das persoas e pola defensa do medio; así pois, estamos polo fomento dos desprazamentos peonís ou en bicicleta nas cidades e vilas, fronte ao uso esaxerado do automóbil e o consumo dos recursos fósiles. Concordamos na necesidade de adoptar medidas que vaian nesa dirección, pero esta…

O 18 de febreiro, Verdegaia plantará árbores autóctonas en Cedeira

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido). Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio…

Día Internacional dos Humedais con Senda Nova

O Esteiro do Anllóns albergará a próxima actividade de Senda Nova. Coa visita preténdese conmemorar o Día Internacional das zonas Humidas. A data propia, o día 2 de febreiro pretende sensibilizar e poñer en valor estes espazos naturais que levan sufrindo importantes regresións dende fai décadas. Na excursión ao Esteiro do Anllóns participarán os rapaces…