Novo vertido nas Fragas do Eume

Verdegaia aponse ao vertido no río Sesín, afluente do río Eume, das augas da depuradora de Gunxel, no Concello da Capela. Mentres que a zona e o cauce afectados por esta vertedura forman parte do parque natural Fragas do Eume, o que supón poñer en risco o hábitat de especies protexidas como Woodwardia radicans, as…

Voltará o Sar algún día a ser río?

. Membros da delegación Compostela de ADEGA nun recente percurso polo Sar dende a Colexiata até a Rocha puideron comprobar o pésimo estado ecolóxico do río e as súas ribeiras: verteduras directas de fecais, camiños abandonados e intransitábeis que impiden o uso público, obras recorrentes na canle que por veces fica completamente plastificada e vexetación…

Máis de 20 persoas eliminan acacias no río Liñares

O pasado 14 de marzo, ADEGA desenvolveu unha actividade, xunto coa Asociación pola Defensa do Val do Liñares, de eliminación de flora exótica invasora na ribeira do río Liñares. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de…

Entroido reivindicativo en Laza

A delegación ADEGA Monterrei Salvemos o Támega realizou o pasado martes un acto reivindicativo no entroido máis antigo de Galiza. Decenas de persoas sumáronse a esta manifestación polas rúas de Laza cunha faixa que dicía unha vez máis “Salvemos o Támega”. A delegación ADEGA-Monterrei alegou deste xeito, a necesidade de conservar este río pertencente a…

Informe sobre o estado dos ríos galegos 2014

O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis…

O Consello da Cultura dá a razón á veciñanza e a ADEGA e considera prioritario conservar o ameneiral de Sarria

Nun informe moi crítico coas administracións, o CCG considera o bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de “conservación prioritaria” e os seus elementos “insubstituíbeis”. O documento, asinado polos responsábeis das seccións de Ciencia, Natureza e Sociedade, Francisco Díaz-Fierros e Patrimonio (Iago Seara) deixa meridianamente claro cais son as prioridades que as administracións deberían…

Alegacións ao paseo do Lagares – Cabral

A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar alegacións (10/10/2014) á: Solicitude de Autorización de obras para senda no río Lagares por parte da CMVMC de Cabral.  Nestas alegación, a rede de coletivos que formamos parte da RNSV, denunciamos: O inicio irregular das obras durante o período de información pública do proxecto…