Xa estamos preto da Celebración dos Días das Aves 2022!!! Por iso temos preparadas moitas actividades de aves para este mes de outubro!! Preparado?? Aquí as primeiras!! Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo tentando ver o maior número de especies nun só día? Pois agardámoste os vindeiros 30 de setembro e…
Categoría: Medio mariño
ADEGA asina un convenio co concello da Coruña para a realización de Limpezas Ecolóxicas
Esta mañá tivo lugar a sinatura do convenio que ADEGA ten concertado co concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de concienciación e sensibilización ambiental na cidade durante o ano 2022. Por parte de ADEGA asistiu ao acto de sinatura a vicepresidencia da organización, Verónica Torrijos, e por parte do Concello, a súa concelleira…
Anguilas y angulas: ¿Prohibición o uso sostenible?
Continuamos as actividades do programa “Falando de natureza”, retomando esta conferencia que tivo que ser adiada o pasado mes de maio. Tal e como tiñamos previsto, poñeremos a nosa atención na anguía, peixe cunha bioloxía sorprendente e unha vida cabalo entre as augas doces e salgadas: dende o mar dos Sargazos, onde ten lugar a posta,…
Novo revés xudicial aos intereses da Xunta-ENCE
O Tribunal Constitucional (TC) vén de dar un duro golpe ao Partido Popular na súa pretensión de perpetuar a concesión de ENCE en Lourizán, unha decisión que reforza a nosa argumentación de que ENCE xa é pasado na Ría de Pontevedra. Con efecto, ao rexeitar o recurso presentado pola Xunta de Galicia -cando aínda era…
A APDR presenta a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS: DOMINGO 19 DE XUÑO ás 12h
Hoxe presentamos na Peregrina a nova… … MARCHA CONTRA CELULOSA o vindeiro DOMINGO 19 DE XUÑO ÁS 12H, SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. ENCE XA É PASADO … CUMPRE AGORA LOITAR POR RECUPERARMOS O FUTURO! Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e…
A redución da captación de auga a ENCE: tarde, mal e arrastro
A Xunta de Galicia -segundo comunicou dende Augas de Galicia- vén de fixar medidas restritivas a ENCE no que fai ao volume de captación de auga do Río Lérez, reducindo nun 60% a concesión respecto daquela outorgada á empresa nos anos 1958 e 1968, que ascendía a 1,5 m3 /s. e que agora pasará a ser de 0,55…
Sobre a tramitación dos recursos contra a prórroga do Supremo a ENCE
Publica ENCE na súa páxina web un Informe no que -entre outras cousas- afirma que o Tribunal Supremo (TS) suspendeu a tramitación dos recursos de casación presentados contra a sentenza que anula a prórroga da empresa a instancias da APDR, até que se resolvan os procesos correspondentes ás sentenzas presentadas polo Concello de Pontevedra e Greenpeace. Como queira…
ADEGA e Narón alertan sobre a expansión dunha planta invasora na Costa Ártabra
ADEGA-Ferrolterra, xunto co Concello de Narón, por medio do seu concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, vñeen de denunciar diante da Consellaría de Medio Ambiente a expsansión descontrolada que está experimentando unha planta exótica invasora na Costa Ártabra, nomeadamente no municipio de Narón. Trátase da especie Helicrisum petiolare. Desde ADEGA e o concello de Narón denuncian…
A FEG informa negativamente o Documento de Inicio do Proxecto do Parque Eólico Mariño Flotante “NORDES”
En resposta á solicitude da Subdirección General de Evaluación Ambiental do MITECO, a Federación Ecoloxista Galega ven de enviar un informe relativo ó proxecto de construción dun parque eólico mariño flotante cunha potencia instalada de 1,2GW diante das costas da Coruña e Ferrol. Solicita a paralización do proxecto, dadas as profundas deficiencias do Documento de…
O Ministerio incumpre a súa propia moratoria para a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas
En xuño de 2021 o Ministerio acordou paralisar a admisión de novos parques eólicos mariños mentras non se aprobara un marco nomativo propio para o sector. Porén, en novembro pasado ano admitíu a trámite o parque eólico mariño “Nordés” de 1,2 GW con 80 aeroxeradores de 15 MW cada un fronte á costa ártabra, promovido…
De que falan cando piden “adscribir os terreos de ENCE á autoridade Portuaria”? Resposta aos traballadores e traballadoras de ENCE
Tal e como recollen os medios de comunicación, os traballadores de ENCE -e os sindicatos que fan parte dos comités de empresa- reivindican a “adscrición dos terreos ocupados pola empresa en Lourizán” á Autoridade Portuaria de Marín como “alternativa máis viábel” para garantir a continuidade da actividade da fábrica en Lourizán. Establecen así unha relación…
Novo vertido na Ría de Pontevedra
O pasado venres 19 tivemos noticia na APDR da presenza dun importante vertido á altura do varadoiro de Os Praceres; achegados ao lugar, e malia as dificultades para poder observar ben as súas características, polo seu aspecto semellaba que estamos diante dun vertido de pintura que, con seguridade, ten a súa orixe nos labores realizados…