Nos últimos días centos de hectáreas de monte na Comarca do Condado foron arrasadas por varios lumes forestais, destacando o que afectou ás parroquias de Padróns, Ribadetea e Xinzo no concello de Ponteareas, onde se queimaron, cando, menos 371 Hectáreas. Desde a Asociación para a Defensa da Natureza do Condado considérase como un auténtico atentado…
Categoría: Montes e agricultura
ADEGA esixe á Xunta que protexa e poña en valor o bosque autóctono ante o incremento das plantacións de eucalipto
Dende a aprobación da Lei de Montes en 2012 pola maioría do PP, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de usos aumentaron nun 274%. Era visto: a lei favorece os monocultivos, nomeadamente do eucalipto e permite as cortas a feito de carballeiras. Unha lei feita por e para o eucalipto ADEGA vén de obter…
O Eucalipto do Maná, primeira árbore senlleira en ser descatalogada?
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Federación Rural Galega (FRUGA) veñen de denunciar ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, o SEPRONA e o concello de Castro de Rei a poda salvaxe e indiscriminada do “Eucalipto das Lombas” ou “Eucalipto do Maná” da Casa de Ordax, situado na parroquia…
Xornadas Ambientais: A eucaliptización de Galicia e a Cornixa Cantábrica
O vindeiro sábado 8 de novembro imos celebrar unhas Xornadas Ambientais baixo o lema “A Eucaliptización de Galicia e a Cornixa Cantábrica” no salón de actos do Ateneo Ferrolán a partir das 10 da maña. Nas mesmas participarán varios expertos de Galicia e outros puntos da Cornixa Cantábrica. Agardamos que conclúan ás oito da tarde…
Xunta e patronal pasteira ensaian fumigacións con novos químicos nos montes galegos
ADEGA vén de coñecer o novo intento de ENCE, através de ASPAPEL, de fumigar masivamente plantacións de eucaliptos con MAVRIK-10 (principio activo tau-fluvalinato). Este composto insecticida/acaricida foi formulado orixinariamente para o combate dos pulgóns, ácaros e outros insectos nos cultivos de horta e froiteiras. A súa utilización contra o gorgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus Gyll)…
Análises e previsións da Alianza Rural Galega para a tempada de lumes de 2014
Dende a Alianza Rural Galega queremos fuxir de predicións e agoiros catastrofistas á hora de valorarmos a posíbel incidencia dos incendios forestais durante o periodo de máximo risco deste ano. Porén, compre termos en conta unha serie de condicionantes que van determinar a maior ou menor incidencia dos lumes nun territorio. O clima, principal fator…
O uso masivo de herbicidas nas estradas esténdese tamén aos camiños de ferro
Coa chegada da primavera as beiras dos camiños e estradas galegas comezan a tinguirse dunha sospeitosa cor amarela. Esta vexetación seca revela o uso de potentes herbicidas como sistema rápido e barato para rozar o mato. Estes produtos conteñen potentes biocidas, particularmente o glifosato (popularmente coñecido como “Rondón” ou “Randón”, marca comercial “RoundUp”) e son…
Verdegaia denuncia o impacto ambiental da concentración parcelaria na parroquia malpicá de Cerqueda
A asociación ecoloxista Verdegaia ven de dirixirse á Conselleira do Medio Rural e do Mar para denunciar que o Concello de Malpica de Bergantiños pretende asfaltar varias pistas de terra da concentración parcelaria no lugar de Folgueira, parroquia de Cerqueda. Consideramos que estas obras resultan innecesarias, ao tratarse de camiños rurais para uso agropecuario cuxo…
Denunciamos a Cementos Cosmos por operar sen licenza
A rede de colectivos contra a minaría destrutiva ContraMINAcción ven de denunciar á empresa Cementos Cosmos por ter reiniciado actividades na mina a ceo aberto en Vilavella (Triacastela) no pasado sábado saltando a orde de paralización de actividades por carecer de licenza urbanística que existe desde setembro do ano pasado. Ademais da ausencia de licenza municipal,…
ADEGA alega contra a tala da Carballeira de Arandedo, espazo singular en Baralla
ADEGA vén de presentar alegacións á petición de corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo, na parroquia de Constantín, no concello de Baralla, en Lugo. A zona de afectación ocupa unha superficie dunhas 7 hectáreas, que abarcan case a totalidade da carballeira. Unha vez…
ADEGA denuncia varias plantacións ilegais de eucaliptos na provincia de Lugo
Os efectos nocivos do monucultivo de eucalipto son amplamente coñecidos, aínda así, parece que a Administración antepón os intereses económicos dun lobbyprodutivo aos intereses ambientais e sociais xerais. O aumento do cultivo do eucalipto vén ocorrendo nas últimas décadas da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falta dun modelo produtivo sostible,…
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estudará nos próximos días o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes, e presentará alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de…