Todos os grupos parlamentares agás o PP apoian a campaña STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!

Os representantes de AGE, BNG, PSdG-PSOE e Grupo Mixto amosaron a súa concordancia cos puntos recollidos no manifesto da campaña. Comprometéronse a desenvolver iniciativas parlamentares que permitan por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia. Unicamente o grupo parlamentar do Partido Popular non respostou á petición dos colectivos conservacionistas para a presentación das súas…

STOP EUCALIPTO… AVANTE CARBALLO! É o momento de pararlle os pés ao eucalipto

Este venres 5 de febreiro, 21 organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas unímonos para lanzar a campaña “STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!”, para chamar a atención sobre a preocupante extensión das plantacións de eucaliptos en Galiza e a necesidade de conservar os nosos hábitats autóctonos. Reclamamos medidas moi concretas para limitar as afeccións do cultivo desta especie…

A APDR advirte da deriva fraudulenta na certificación Forestal FSC

Desde que se iniciou o proceso de certificación da xestión forestal da empresa ENCE ENERGÍA Y CELULOSA baixo o esquema FSC (Forest Stewardship Council) por parte da empresa de auditoría Bureau Veritas, a Asociación Pola Defensa da Ría –dentro do proceso de reclamación contra esta certificación que a Federación Ecoloxista Galega leva adiante- tense oposto…

Un estudo sobre grandes incendios forestais cuestiona o modelo ENCE

Dende a APDR constatamos que a recente presentación do Informe de Ecologistas en Acción sobre a relación do tipo de vexetación e os grandes incendios forestais (máis de 500 hectáreas de superficie de afección) entre 2012-2014 no estado español, desminte de novo os argumentos cos que ENCE pretende xustificar a súa xestión forestal baseada no…

Edgewater manobra cara aos seus investidores ao fracasar o seu proxecto e o Goberno Español recorre un artigo da lei da minaría de Galicia aprobado polo Partido Popular

En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain“, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao…

APDR solicita a prohibición da plantación do “Eucaliptus nitens” na Galiza

Dende fai xa tempo, tense comprobado a expansión en plantacións dunha especie do xénero Eucaliptus (E. nitens), especie que antes se mantiña en proporcións casi residuais dado o menor prezo ao que cotizaba a súa madeira. A perigosidade como invasora desta especie é similar á de E. glóbulus, a maioritaria, case exclusiva, nas plantacións galegas,…

ADENCO considera inaudito o novo período de consultas ambientais do proxecto de macroincineradora de biomasa no Condado

Xa van cinco anos de intentos de instalar unha macroincineradora de biomasa forestal no Condado. Desde o primeiro momento, no que se pretendeu a localización de Ribadetea (Ponteareas), a Asociación Ecoloxista ADENCO ten presentado diferentes alegacións, escritos e solicitudes ademais de facilitar información á veciñanza do Condado. A presión popular e a acción dos movementos…

ENCE quere fumigar Pontevedra (e o resto da Galiza)

Cando o presidente de ENCE, Juan Luis Arregui, afirmaba na Xunta Xeral de Accionistas de abril que a empresa “no va a defraudar a Pontevedra” implantando proxectos “que permitirán garantizar la excelencia medioambiental” e “sellar un nuevo pacto con Pontevedra y su comarca”, ninguén podiamos pensar que estaba a aludir á fumigación masiva de milleiros…

O Ministerio autoriza a fumigación masiva dos eucaliptos cun tóxico para as abellas

En 2014 a Xunta e a patronal pasteira conseguiron autorización do Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente para experimentar a aplicación dun novo pesticida nos eucaliptais afectados polo gorgullo. Eran algunhas parcelas escollidas do N da Coruña e Lugo e S de Pontevedra. O principio activo ensaiado era o tau-fluvalinato, orixinalmente formulado para combater…

Máis eucaliptos, agora sobre endemismos galegos en perigo de extinción

ADEGA e a FEG veñen de denunciar unha plantación de eucaliptos na área de protección da RN2000 do Careón, nunha zona na que están presentes endemismos botánicos únicos no mundo e en perigo de extinción. Trátase dos endemismos serpentiníticos Santolina melidensis, Leucanthemum gallaecicum, e Armeria merinoi, consideradas en perigo de extinción no Decreto 88/2007 do…