Memoria: Encontro Galego de Educación Ambiental

O 25 de xaneiro de 2014 celebrouse o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, nas instalacións do Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela. O encontro foi promovido pola Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega…

Compostela: Lavándolle a cara ás fontes ou como o concello se desentende da auga

Limpas e relucentes quedaron as fontes de Compostela despois da restauración emprendida polo Concello nestes pasados meses. E xa que son tempos de emprender, como di Feixoo, queremos enviar os nosos parabéns ao concello pola súa implicación co patrimonio desta vila (unha implicación de máis de 90.000€!). Mais queremos furgar novamente no asunto, porque este…

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo

Unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo estará o vindeiro día 20 de xaneiro en Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da…

Documental “Rosa de Corcoesto”

Documental que chega logo de que a Xunta paralizase o proxecto megamineiro para Corcoesto, un traballo realizado por Tingalaranga Audiovisual onde podemos comprobar o deterioro nas relacións entre os veciños e o comportamento dos partidos políticos da zona. Que non nos toquen a Rosa de Corcoesto, Mina NON. .

Bancos de biodiversidade, a mercantilización definitiva do ambiente

O PP aproba na Lei de Avaliación Ambiental o instrumento para poder especular coa natureza Alén de reducir prazos, eliminar garantías e recurtar a participación pública, a Lei de Avaliación Ambiental que o PP aprobou en solitario introduce unha nova ferramenta especulativa para a privatización do ambiente: Os “bancos de hábitats” Outra ferramenta perversa e…

Un milladoiro para Corcoesto

Dicimos non á mina de Corcoesto e dicimos non aos proxecto de megaminaría contaminante que se intentan abrir paso por todo o País! Contra o arsénico, contra o cianuro e pola protección da natureza, como neste vídeo que resume unha das actividades da última edición de Enarborar o bosque. http://vimeo.com/77209538