Aberto expediente a ENCE por obras ilegais

Con data 2 de outubro do ano en curso, recibimos na Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) notificación dunha Resolución da Alcaldía do Concello de Pontevedra en relación con certas obras realizadas por ENCE no recinto industrial de Lourizán, obras que no seu día foran denunciadas pola APDR á Policía Local por entender que se…

Resposta da APDR ao director de Ence Pontevedra

Temos lido as declaracións feitas hai uns días por Vde. a un medio de comunicación local e vémonos na obriga de poñer en cuestión moitas das súas afirmacións. Xira toda a entrevista ao redor do futuro de ENCE en Lourizán e, sinceramente, a demagoxia asoma por todas partes; pretende Vde. en primeiro lugar, identificar os…

Plan Umia

Na primavera do 2011, fronte á contaminación da auga do encoro da Baxe, o Conselleiro de Medio Ambiente presentaba o chamado ‘Plan Umia’. Agustín Hernández prometía un gasto de 22 millóns de euros en catro anos. Agora, cando xa falta menos dun ano para que remate o período comprometido, analizamos a promesa e o estado…

A APDR denuncia obras sen licenza en ENCE

De acordo coa información recibida na APDR, o pasado luns día 21 de xullo no recinto fabril que ocupa a empresa “ENCE-Energía y Celulosa” en Lourizán realizáronse obras consistentes no levantamento duns depósitos soterrados que, ao parecer, contiñan residuos industriais e/ou fecais, co obxectivo de substituílos por novos depósitos, unhas obras que carecen da necesaria…

Acordo Elnosa-Xunta de Galicia

Cando en outubro de 2013 Agustín Hernández, daquela Conselleiro de Medio Ambiente, anunciaba a sinatura dun acordo entre ELNOSA e a Xunta de Galicia polo que a electroquímica ELNOSA se comprometía a pechar a súa actividade no complexo industrial de Lourizán en outubro de 2017, data na que iniciaría o desmantelamento das súas instalacións fabrís,…

ENCE, o fraude na certificación forestal baixo estándares FSC

A Asociación Pola Defensa da Ría vén seguindo, desde o seu inicio no ano 2010, o proceso de certificación de xestión forestal sostible baixo estándares do Forest Stewardship Council (FSC) de ENCE Enerxía e Celulosa. Daquela, concedéuselle o selo FSC e a APDR presentou unha queixa solicitando a cancelación do certificado en base ás evidencias…

Ribeira Sacra: ou Patrimonio da Humanidade, ou de Iberdrola, GN-Fenosa, construtoras, canteiras…

A Ribeira Sacra acubilla un patrimonio natural, cultural, histórico, etnográfico etc. de incuestionábel valor, merecedor de acadar a consideración de Valor Universal Excepcional, tal como require a UNESCO para declarar un ben ou espazo como Patrimonio da Humanidade. Porén, a presenza de valores excepcionais a conservar non implica unha declaración automática por parte do organismo…