ADENCO ten denunciado este atentado e proposto ás administracións e colectivos sociais a creación dun grupo de traballo a prol da recuperación integral da conca do río Tea. O expediente sancionador iniciado polo verquido de 3.300 litros de sosa caústica no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea do que ADENCO é parte interesada, continúa a…
Categoría: Xeral
¿Qué intereses defenden os clubes de vela da ría de Pontevedra?
Na Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), tivemos coñecemento hai uns días de que o Grupo de Interclubes da Ría de Pontevedra, que organiza a chamada “I Regata Interclubes de la Ría-Premio Deputación de Pontevedra” e do que forman parte o RO YACHT CLUB de Combarro, o Real Club del Mar de Aguete, o Real…
Apoio á candidatura de Jaime Bernardo Blanco Dios ao Premio Individual Cidade de Pontevedra
Vaipolorío desexa mostrar publicamente o seu apoio á candidatura de Jaime Bernardo Blanco Dios ao Premio Individual Cidade de Pontevedra polos diferentes traballos de estudo e divulgación no mundo da micoloxía e o descubrimento de especies novas para a ciencia. En relación con Vaipolorío, no relativo á defensa ambiental, pola súa aportación documental para preservar…
A empresa mineira canadense Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto.
A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de…
Despedida Coto do Frade
E chegou 2015. E con el cumpliriamos vinte anos. Pero non os imos cumplir, dado que esta decisión xa foi tomada en asamblea fai tempo. Case un ano, e ningún socio ou socia se manifestou en todo este tempo pra retomar as rendas, o cal nos indica que aquela decisión foi a mellor que podiamos…
Consulta a nova edición de CERNA dixital!
Máis dunha ducia de temáticas ambientais conforman este novo número de CERNA dixital que podes descargar de balde desde a súa web. Esta nova edición da revista galega sobre ecoloxía e medio ambiente editada por ADEGA recolle algunhas das loitas que están a ser máis destacadas tanto no eido ambiental como no patrimonial, onde cada…
Nova derrota nos xulgados de Cementos Cosmos en Triacastela
O xulgado de primeira instancia de Becerreá ven de fallar contra Cementos Cosmos, a cementeira do Grupo Votorantim, na segunda das tres demandas interpostas coas que esta multinacional realiza unha campaña de acoso e derribo contra José Horacio Rio Lago, membro da ASC O Iríbio, como represalia pola sua oposición á mina a ceo aberto…
De Galiza a Bruxelas en defensa da nosa terra
O 10 e 11 de decembro de 2014 tiveron lugar en Bruxelas unhas Xornadas sobre ,”As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza”, promovidas pola eurodeputada AGEe, Lidia Senra, no Parlamento Europeo en Bruxelas e que contou ca participación de 5 colectivos integrantes de ContraMINAcción (Associação Socio-Cultural O Iríbio, a Comisión de Asociacións en…
Defender o ambiente non é delito
O vindeiro 4 de decembro iníciase en Valencia o xuízo contra 16 membros de Greenpeace e un foto-xornalista independente. A fiscalía solicita penas de ata dous anos e 8 meses de cárcere polo “delito” de protestar pacificamente contra a intención do goberno de non pechar a central nuclear de Cofrentes (Valencia). Esta central nuclear engade…
O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto
Da área de Educación Ambiental e Xustiza Social de Verdegaia retomamos o noso traballo sobre o currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto, desta volta en colaboración co sindicato de ensino STEG. Neste sentido temos publicado un artigo sobre esta cuestión no último número da súa revista, Aulas Libres, que podedes ler na ligazón indicada…
Elevada mortandade de gaivotas entre A Coruña e Arteixo
Tras a alerta de varios socios da comarca coruñesa, A Sociedade Galega de Ornitoloxía e o Grupo Naturalista Hábitat puxeron en coñecemento das autoridades autonómicas e locais o achádego dende hai varios días de exemplares de gaivota patiamarela Larus michahellis mortos e enfermos. Contabilizáronse mais de 50 cadáveres só na parte visible dende terra das…
Aberto expediente a ENCE por obras ilegais
Con data 2 de outubro do ano en curso, recibimos na Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) notificación dunha Resolución da Alcaldía do Concello de Pontevedra en relación con certas obras realizadas por ENCE no recinto industrial de Lourizán, obras que no seu día foran denunciadas pola APDR á Policía Local por entender que se…