Hai anos que a Asociación Vaipolorio fixo señalizacións no sendeiro rural do río Gafos, coa intención de indicar o camiño a seguir, para aquelas persoas que puideran desviarse da senda que a Asociación ven coidando e mantendo para a cidadanía. Conviñeramos, daquela, facer as marcas estandar dos sendeiros de pequeno percorrido, pensando en homologar algún…
Categoría: Xeral
Máis de 500 persoas participan na IV Limpeza Simultánea de Praias
Durante a pasada fin de semana (5, 6, 7 e 8 de xuño), máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 4ª Limpeza Simultánea de Praias. Podes ver as fotos enviadas polos…
Premios Semente e Cemento 2014-2015
Verdegaia concede o premio “Semente” a Manolita, Ramón e a súa familia e un simbólico “Cemento” á represión que as diversas administracións exercen contra os movementos sociais na súa defensa da natureza e os dereitos das persoas e colectivos. Co gallo do Día Mundial do Ambiente, 5 de xuño, a asociación ecoloxista Verdegaia acordou outorgar…
5 de xuño, Día mundial do Medio Ambiente
O vindeiro 5 de xuño as Nacións Unidas promoven a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente baixo o lema “Sete mil millóns de soños. Un só planeta. Consume con moderación”. O tema escollido salienta que para 2050, de continuar as actuais pautas de consumo e produción, xunto co aumento da poboación a 9,6 mil…
Ollo! Administracións tóxicas en acción ou de como matar moscas con glifosato
Verdegaia ven de presentar unha denuncia perante o Concello de Compostela polo uso de Tragli, un químico con base de glifosato, na fumigación das rúas desta vila. Avanza a primavera e as diferentes administracións poñen en marcha plans para eliminar vexetación nas beiras das estradas, camiños, vías férreas ou noiros, así como rúas, muros e…
Centros de litros dun perigoso herbicida fumigados no casco histórico de Compostela
. O produto empregado masivamente en Compostela pola empresa concesionaria para rozar a vexetación ten como principio activo o glifosato, cuxo nível de risco foi recentemente elevado pola OMS ao “2A, probabelmente canceríxeno para humanos”. A delegación de Compostela de ADEGA vén de recibir continuos avisos e denuncias da veciñanza preocupada pola presenza de operarios…
Resultados da II Maratón na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
O pasado sábado 16 de maio de 2015 celebrouse a II Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e a Reserva da Biosfera MCeTM, xunto con multitude de entidades colaboradoras. Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves…
Cementos COSMOS contra Marcos Celeiro: Defender a Terra non é delicto!
Este 7 de maio xúlgase en Vigo a Marcos Celeiro, veciño de Triacastela e membro da Asociación Socio-Cultural do Iribio, denunciado por COSMOS por atentar contra a “honra” da cementeira. ADEGA solidarízase con Marcos e lembra que a actividade de COSMOS, denunciada por ADEGA na Fiscalía por non contar con licenza e incumprir as condicións…
Un programa pola Terra
ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia envían as súas “propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentables a nivel local” ás formacións candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 20 de maio “Un Programa pola Terra” recolle unha serie de propostas para que…
SermosADEGA xa está na rúa!
Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais. Trátase dun proxecto en parcería con Sermos Galiza que abrangue temas de actualidade medioambiental e da actividade de ADEGA, quen se encarrega de seleccionar os contidos. ADEGA sempre prestou atención á…
Resumo Asemblea da FEG
A Federación Ecoloxista Galega levou a cabo o pasado 14 de marzo a 25 Asemblea Xeral, en Santiago de Compostela, no propio local da FEG. Fíxose repaso ás actividades realizadas durante o último ano, renovouse o cargo da tesouraría e aprobouse o plano de traballo para o ano 2015-2016. Informe de actividades Dentro do marco…
ADENCO festexa 25 anos de vida e entrega os premios Río Tea á Defensa do Medio Ambiente na Comarca
O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, 25 anos de vida a prol da conservación do Medio Ambiente na Comarca do Condado. A Asociación Ecoloxista do Condado organizou un acto público de homenaxe aos seus expresidentes, recordando algúns dos momentos máis importantes destes cinco lustros de actividades, recordando que…