A APDR presentou alegacións ao proxecto de Lei do litoral de Galicia

“APDR”, que xa tiña presentado achegas á consulta aberta inicialmente pola Xunta sobre o tema, vén de presentar alegacións ao anteproxecto de “Lei de ordenación do litoral de Galicia” elaborado polo Goberno galego. Trátase dun texto que, ao noso entender, pode entrar en contradición coas competencias do Estado; con efecto, atribúese sen ningún pudor competencias…

Xornada de voluntariado con Brexa

O domingo 29/01/2023, de 10:30 a 13:30, temos unha xornada de voluntariado na parcela dos Muiños do Quenllo. Faremos traballos de mantemento nas zonas que traballamos o ano anterior.O punto de encontro será, como habitualmente, no polígono dos Capelos a partir das 10:15. Se queredes participar avisar por:email: brexa.asociacion@gmai.comtlfno: 698146685

Xaneiro con verdegaia: Eliminación de xuncia (Cyperus Eragrostis) en Vilaboa

En Xaneiro, dentro da Campaña 12 Meses, 12 Invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade realizaremos unha actividade de eliminación de Xuncia (Cyperus eragrostis) en Vilaboa. Empezamos a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos impedindo o desenvolvemento das especies…

O G.N. Hábitat declarado de Utilidade Pública

O Grupo Naturalista Hábitat ven de ser recoñecido como Entidade de Utilidade Pública (DOG de 3 nov 2022). Esta categoría concédese a aquelas asociacións sen ánimo de lucro que, cumpran de maneira efectiva cos fins marcados nos seus estatutos cunha adecuada organización de medios materiais e humanos e nas que a súa actividade produce un beneficio que…

12 meses, 12 invasoras: Campaña anual para combater a perda de biodiversidade

Verdegaia presenta a campaña “12 Meses, 12 Invasoras’” que decorrerá ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). As Especies exóticas invasoras son a segunda principal causa de perda de biodiversidade. Ao estenderse impiden o desenvolvemento das especies autóctonas provocando unha alteración no equilibrio dos ecosistemas….

A eucaliptización e os parques eólicos ameazan a Ave do Ano 2023

A ‘Sociedad Española de Ornitología’ (SEO/BirdLife), a través dunha votación pública, ven designar a tartaraña cincenta (Circus pygargus) como Ave do Ano 2023 en España. Con esta acción, SEO/BirdLife “pon o foco sobre unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación ou porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen para…