A Xunta tramita a ampliación dunha canteira en Láncara, alegal dende 1983

A canteira “Costal Vello” leva operando décadas sen delimitación, plano de restauración e estudo de impacto. Agora, para poder ampliar e entrar no negocio do formigón, toca poñer ao día esas “omisións”. Como puido operar case 40 anos sen papeis? Un plano de restauración e un estudo de impacto ambiental “que non constaban”… Segundo a…

ADEGA e o FDXCC presentan unha batería de contenciosos xudiciais contra os parques eólicos da ex-conselleira Beatriz Mato

A asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica (PDCC), en representación de todas as entidades promotoras do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), veñen de presentar tres recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a aprobación por parte…

Balanzo 2021: o ano do espolio disfrazado de transición verde

O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio ambiente e deseñada á vontade dos grandes lobbys económicos. Nomeadamente, a grande industria enerxética, forestal e mineira están a utilizar a escusa da…

Bosque de ribeira, contaminación, depuración e voluntariado, nun Encontro sobre coidado dos ríos na Coruña

ADEGA organizou o pasado 2 de decembro unha xornada formativa chamada “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas”, na que se contou coa presenza de diferentes oradores/as expertos/as no coidado sostíbel do estado e preservación dos ecosistemas fluviais. Este foro complementou as distintas xornadas de limpeza de ríos con voluntariado que realizou…

5+1 falsidades para branquear o eucalipto na actual moratoria

ADEGA vén de denunciar unha roza masiva de matogueira ben conservada, seguida poucos días despois dunha apertura de sucos destinados a plantar eucaliptos, no concello de Sobrado dos Monxes. Os sucos pasaban mesmo por un prado recentemente pastado contiguo á xa desaparecida matogueira. En abril, os produtores de madeira recoñecían que “se lles foi a…

A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos

ADEGA vén de trasladar ao Ministerio as súas propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos científicos e obxectivos pretenden contribuir a mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é xa irreversíbel. Unha poboación de lobo estancada dende hai 30…