Asistimos con fonda preocupación á situación de escaseza de auga na conca do Lérez, unha situación que ten a súa orixe en factores climatolóxicos relacionados co cambio global polo que, de non mudar os hábitos de consumo e o modelo de desenvolvemento económico e social hoxe dominante, ameaza con converterse nun fenómeno permanente no tempo…
Etiqueta: APDR
Novo revés xudicial aos intereses da Xunta-ENCE
O Tribunal Constitucional (TC) vén de dar un duro golpe ao Partido Popular na súa pretensión de perpetuar a concesión de ENCE en Lourizán, unha decisión que reforza a nosa argumentación de que ENCE xa é pasado na Ría de Pontevedra. Con efecto, ao rexeitar o recurso presentado pola Xunta de Galicia -cando aínda era…
(APDR) Estivemos de Marcha contra Celulosas 2022, ENCE XA É PASADO
Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e na comarca enteira, empezouse unha carreira de destrución ambiental, económica e social que hoxe é máis que evidente. Aquela inaceptábel decisión levou, de forma progresiva, lenta e desapiadada, á perda do futuro da nosa Ría. Pero hoxe,…
A APDR presenta a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS: DOMINGO 19 DE XUÑO ás 12h
Hoxe presentamos na Peregrina a nova… … MARCHA CONTRA CELULOSA o vindeiro DOMINGO 19 DE XUÑO ÁS 12H, SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. ENCE XA É PASADO … CUMPRE AGORA LOITAR POR RECUPERARMOS O FUTURO! Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e…
A redución da captación de auga a ENCE: tarde, mal e arrastro
A Xunta de Galicia -segundo comunicou dende Augas de Galicia- vén de fixar medidas restritivas a ENCE no que fai ao volume de captación de auga do Río Lérez, reducindo nun 60% a concesión respecto daquela outorgada á empresa nos anos 1958 e 1968, que ascendía a 1,5 m3 /s. e que agora pasará a ser de 0,55…
Sobre a tramitación dos recursos contra a prórroga do Supremo a ENCE
Publica ENCE na súa páxina web un Informe no que -entre outras cousas- afirma que o Tribunal Supremo (TS) suspendeu a tramitación dos recursos de casación presentados contra a sentenza que anula a prórroga da empresa a instancias da APDR, até que se resolvan os procesos correspondentes ás sentenzas presentadas polo Concello de Pontevedra e Greenpeace. Como queira…
Gañaremos o futuro, ENCE FÓRA
Iniciamos un camiño conxunto para reclamar a saída de ENCE da Ría e o dereito ao futuro Nesta primeira acción conxunta, aberta a quen queira participar, xuntarémonos para facer unha pegada de carteis polo centro de Pontevedra … SÁBADO 26 ÁS 12 HORAS NA PRAZA DA PEREGRINA Animádevos a gañar o futuro …
As afirmacións de Rafa Domínguez: perversidade ou simple ignorancia?
Tennos acostumado o portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, ás súas afirmacións gratuítas, que nada teñen que ver coa realidade. Porén, as realizadas nestas últimas datas en relación coa admisión polo Tribunal Supremo (TS) dos recursos de casación de ENCE e outras 10 entidades contra unha das sentenzas da Audiencia Nacional (AN) que anularon a…
“NOVA XURISPRUDENCIA” do Tribunal Supremo para concesións na Costa… A “APDR” discrepa sobre a posíbel aplicación no caso de ENCE
Recollían os medios de comunicación o pasado fin de semana unha sentencia ditada polo Tribunal Supremo en relación á anulación da prórroga a unha concesión dunha vivenda no litoral de Murcia; e facíanse comparacións coa situación xudicial na que se atopa hoxe a fábrica de ENCE. Debemos indicar, en primeiro lugar, que hai xa algún…
Xunta e PP manipulan o informe do Consello Consultivo de Galicia
Tan pronto o Presidente da Xunta anunciou que ía solicitar ao Consello Consultivo de Galicia (CCG) un Informe sobre a viabilidade de adscribir os terreos de dominio público ocupados pola empresa ENCE á Autoridade Portuaria de Marín, desde a APDR advertimos da posíbel utilización “interesada” do Informe por quen pretenden buscar unha “solución xurídica” que…
A APDR presentou suxestións á modificación do Plan sectorial de ENCE
A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de presentar suxestións no “Trámite de consultas previas” do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do plan denominado “Modificación nº 1 do Proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán (Pontevedra)”, un PSIS que foi ditado no seu día para a instalación dunha fábrica de papel tisú e…
De que falan cando piden “adscribir os terreos de ENCE á autoridade Portuaria”? Resposta aos traballadores e traballadoras de ENCE
Tal e como recollen os medios de comunicación, os traballadores de ENCE -e os sindicatos que fan parte dos comités de empresa- reivindican a “adscrición dos terreos ocupados pola empresa en Lourizán” á Autoridade Portuaria de Marín como “alternativa máis viábel” para garantir a continuidade da actividade da fábrica en Lourizán. Establecen así unha relación…