“29-D: Roga “San Silvestre” en Froxán. Eliminamos especies exóticas invasoras na última do ano

As Brigadas deseucaliptizadoras queren acabar este ano deseucaliptizador cunha última xornada de eliminación de especies exóticas invasoras que levaremos a cabo o domingo 29 de decembro na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Na roga utilizaremos machadas, motoserras e desbrozadoras para…

14-D e 18-X: As Brigadas voltan a Ferrol

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados no monte do Calexón (Valón), no que o 8 de xuño as brigadas fixeran unha actuación deseucaliptizadora de emerxencia. Actualmente fan falla dúas xornadas moi relacionadas: 14 DE DECEMBRO Preparación do terreo para nunha posterior xornada en xaneiro plantar as especies autóctonas. O…

Depuradora de mexillón en castiñeiras; un cúmulo de irregularidades

Despois de varios meses de reiterar unha e outra vez a nosa solicitude de información en relación á instalación dunha depuradora de mexillón no porto de Castiñeiras (Ribeira), por fin conseguimos que Portos de Galicia nos enviase a documentación do expediente dese proxecto. Non así o Concello de Ribeira, de quen seguimos agardando a chamada…

As Brigadas deseucaliptizadoras de verdegaia participan na II Deseucaliptización organizada por Cousas de Raices

Para conmemorar o Día Mundial do Ambiente, este ano distintos colectivos ecoloxistas decidimos facer unha xornada de Deseucaliptización Simultánea. Esta xornada, que sería segunda deste tipo (a primeira celebrouse en marzo) está coordinada pola rede de colectivos Cousa de Raíces. Desde as Brigadas, e para o sábado 8 de xuño, convócanse catro rogas: no monte do…

Verdegaia denuncia un vertedorio ilegal de residuos industriais en Baleira

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de alertar sobre a existencia dun vertedoiro ilegal e incontrolado de residuos industriais nunha parcela próxima ao lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo (Baleira, Lugo). A parcela, designada como masa común nun proceso recente de concentración parcelaria, converteuse nunha verdadeira mole na que se amorean neumáticos, entullos procedentes de…

Festa universitaria?

Estas imaxes son do Parque Forestal de Beade (Vigo), despois de que onte se celebrase unha festa universitaria. A autoridade universitaria non permitiu que a festa se celebrara nas instalación do CUVI, polo que as persoas organizadoras optaron por desprazar o evento ao veciño parque forestal de Beade. Entre todos os pensamentos que nos rulan…

As Brigadas deseucaliptizadoras móllanse no Día Mundial das Zonas Húmidas

Tódolos anos, no día 2 de febreiro, celébrase o Día Mundial das Zonas Húmidas, que conmemora a adopción en 1971 da Convención RAMSAR para a protección dos humedais. Para reivindicar a data, as Brigadas plantarán 1.000 árbores nativas na contorna dunha das moitas zonas húmidas galegas degradadas por décadas de prácticas forestais non respectuosas. Durante…

Alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo

Verdegaia vén de presentar alegacións ao PRUX de Corrubedo, un documento ambiguo que non garante a protección do Parque, non establece medidas concretas para os obxectivos que di perseguir, e nin tan sequera se propón establecer cal é a carga máxima de visitantes dun Parque que sofre unha presión cada vez maior. A finais do…