Resposta da APDR ao director de Ence Pontevedra

Temos lido as declaracións feitas hai uns días por Vde. a un medio de comunicación local e vémonos na obriga de poñer en cuestión moitas das súas afirmacións. Xira toda a entrevista ao redor do futuro de ENCE en Lourizán e, sinceramente, a demagoxia asoma por todas partes; pretende Vde. en primeiro lugar, identificar os…

O Consello da Cultura dá a razón á veciñanza e a ADEGA e considera prioritario conservar o ameneiral de Sarria

Nun informe moi crítico coas administracións, o CCG considera o bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de “conservación prioritaria” e os seus elementos “insubstituíbeis”. O documento, asinado polos responsábeis das seccións de Ciencia, Natureza e Sociedade, Francisco Díaz-Fierros e Patrimonio (Iago Seara) deixa meridianamente claro cais son as prioridades que as administracións deberían…

Alegacións ao paseo do Lagares – Cabral

A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE ven de presentar alegacións (10/10/2014) á: Solicitude de Autorización de obras para senda no río Lagares por parte da CMVMC de Cabral.  Nestas alegación, a rede de coletivos que formamos parte da RNSV, denunciamos: O inicio irregular das obras durante o período de información pública do proxecto…

O concello de Lalín aposta decididamente pola compostaxe

Con estas experiencias de auto-compostaxe caseira e comunitaria pretendemos revertir a actual situación da xestión do lixo na Galiza, sobre a base de que o lixo orgánico é un valioso recurso que podemos aproveitar nos nosos fogares. Deste xeito, tratando nos nosos fogares a materia orgánica (máis do 50% da bolsa do lixo, mesmo en…

Roteiro pola protección do Carballal de Coiro

Despois do parón do verán, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo retoma os seus roteiros este outono para dar a coñecer a riqueza natural, paisaxística e patrimonial dos Montes do Morrazo e os espazos da súa contorna, reivindicando así mesmo a súa adecuada protección. O primeiro destes roteiros terá lugar o vindeiro 12…

Encontros naturalistas: día das aves 2014

Para conmemorar o Día Mundial das Aves, o domingo 5 de outubro de 9 a 13 horas instalaremos un punto de información ornitolóxica no paseo marítimo do Burgo (Culleredo), á altura do xardín botánico.  Haberá telescopios para observación das aves da ría e poñeremos a disposición dos interesados guías de campo, folletos, e ornitólogos de…

A Consellaría de Medio Ambiente favorece a corta do ameneiral do río Sarria

ADEGA e a Plataforma sarriana polo río critican en forma e contido o desestimento da Consellaría de medio ambiente do recurso de alzada interposto por ADEGA contra a denegación de inclusión do ameneiral do río Sarria no Catálogo galego de árbores senlleiras. O pasado 25 de setembro o Secretario Xeral Técnico da Consellería, por delegación…

520 persoas retiran 11.600 quilos de residuos dos nosos ríos

Aínda que con ameaza de trebóns nalgunhas zonas de Galiza para esta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VII Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos…

Recoñecemento do Colexio Oficial de Arquitectos de Pontevedra a Vaipolorío

O vindeiro *luns 6 de outubro* celebraremos o *Día Mundial da  Arquitectura* baixo o lema *”Cidades saudables, Cidades felices”* dacordo á convocatoria anual que fai a UIA (Unión Internacional de Arquitectos)  invitando a desenvolver actividades que remarquen o papel dos arquitectos e a arquitectura na vitalidade dos asentamentos humanos edo benestar dos seus habitantes.  ACTO…

II Certame de Debuxo da Natureza

Tras o éxito do pasado ano, o Grupo Naturalista Hábitat, da man novamente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), comprácese en organizar o II CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, co obxectivo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2015 da nosa entidade. ….

Campaña para a prohibición da minaría con cianuro en Europa #bancyanide

No ano 2010 o Parlamento Europeo, por unha moi grande maioría, aprobou unha resolución para a Prohibición do uso de tecnoloxías con recurso ao cianuro na explotación mineira. En dita resolución facíase referencia aos máis de trinta accidentes graves debidos a derrames de cianuro, que incluían a peor catástrofe ocorrida no 2000, cando se derramaron…