Sábado 27, “andaina polo Monte Pituco no solpor”

A Asociación Monte Pituco de Marín organiza unha “andaina polo Monte Pituco no solpor”, que se realizará o vindeiro sábado 27 de setembro con saída ás 17:30 horas dende a arboreda do Pituco, na estrada de Figueirido EP-0019, a carón do cruce coa pista do Regueiriño. O obxectivo desta ruta -de tres horas de duración…

Caduca a concesión de aproveitamento de augas no río Tea para a macroincineradora de biomasa

ADENCO ten presentado recentemente sendos documentos perante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas indicando que a solicitude de autorización para instalación de captación de auga con destino á planta de xeración eléctrica a partir de biomasa forestal concedida por un período dun ano ten caducado en datas recentes….

Xunta e patronal pasteira ensaian fumigacións con novos químicos nos montes galegos

ADEGA vén de coñecer o novo intento de ENCE, através de ASPAPEL, de fumigar masivamente plantacións de eucaliptos con MAVRIK-10 (principio activo tau-fluvalinato). Este composto insecticida/acaricida foi formulado orixinariamente para o combate dos pulgóns, ácaros e outros insectos nos cultivos de horta e froiteiras. A súa utilización contra o gorgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus Gyll)…

ADEGA pide a colaboración cidadá para evitar que o lixo de ´La Vuelta´dane Os Ancares

Eventos deportivos como as carreiras ciclistas adoitan concentrar a numerosas persoas afeizoadas nos puntos máis sobranceiros do percorrido, nomeadamente na chegada. Esta concentración de público, medios e toda a parafernalia organizativa e comercial asociada, adoita xerar importantes cantidades de refugallos, aliás de ruidos e outras molestias. Ao tratarse de eventos puntuais, os impactos derivados da…