A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o 1º roteiro contra do desdobramento do corredor de alta capacidade do Morrazo en autovía pola zona afectada dos montes de Moaña para o vindeiro sábado 14 de xuño. Vai ser circular con saída ás 11 da mañá e chegada ás 13:30 no igrexario de San Martiño…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces
Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible lanzaron hoxe na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental….
Encontros Naturalistas 8 de xuño: limpeza de praias
Este domingo 8 de xuño, con motivo do Día Mundial dos Océanos, aportaremos o noso gran de area á súa conservación recollendo a basura da praia da Abeleira en Ponte do Porco (Paderne). Esta actividade enmárcase na II xornada de limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA. Alén do impacto visual que os residuos plásticos…
Na Semana do Medio Ambiente: Bosques e costas, a nosa identidade
O vindeiro 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente. Para ADEGA todos os días están adicados ao noso medio, mais como nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos (8 de xuño) unimos as dúas reivindicacións e preparamos unha serie de actividades que abranquen á terra e ao…
5 de xuño: Día Mundial do Medio ambiente
O pasado domingo 1 de xuño celebrouse unha actividade naturalista no Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) Ribeiras do Louro-Gándaras de Budiño organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación Herpetológica Española (AHE) e Verdegaia co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente. A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos destinada a…
Vai de Roteiros! pola serra do Xistral
O próximo domingo 15 de xuño terá lugar unha nova edición do noso programa VAI DE ROTEIROS!. Esta vez será un roteiro pola Serra do Xistral. Datos principais: Hora de saída: 09:00 h na escalinata de Correos en Ferrol para coller o bus Hora de regreso: 20:30 h Distancia: 13,9 km Duración: 6,5 horas Concellos: Muras,…
Autovía A-76: Monumento á irracionalidade e ao desbaldimento de cartos públicos
A cantidade de tráfico recomendada pola Unión Europea para realizar un desdobramento de estrada de 2 a 4 carrís é de 10.000 a 15.000 vehículos diarios (IMD). Ningún dos treitos do trazado entre Ourense e Ponferrada acada o tráfico mínimo necesario para proxectar un desdobramento de calzada. Porén, no Estudo de Impacto Ambientel (EIA) non…
ADENCO envía nova documentación á Comisión Europea no ámbito da denuncia presentada pola Senda no Río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten realizado nestes días novos envíos de documentación á Comisión Europea en relación coa denuncia presentada polas actuacións realizadas na Senda no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea. Concretamente ADENCO tenlle enviado ás institucións europeas diferentes documentos entre os que se atopan as autorizacións previas das sendas nas que se indican…
Os escolares de Carballo aprenden a compostar
O pasado 20 de maio ADEGA e o concello de Carballo comezamos un novo programa de educación ambiental cuxo obxectivo é reducir os residuos e aprender a compostar os restos orgánicos. Deste xeito, a partir de agora a horta comunitaria e tres centros de ensino de Carballo implantarán unha área de compostaxe comunitaria para xestionar…
Pontevedra certifica a morte da SOGAMA do sur ao promover unha planta comarcal de compostaxe
Este venres asinouse o acordo entre o Concello de Pontevedra e o ente provincial polo que ambas administracións promoverán a construción dunha planta comarcal de compostaxe similar á de Lousame (Mancomunidade do Barbanza). O proxecto conta co apoio de asociacións ecoloxistas, de mariscadoras, comunidades de montes, as 3 federacións veciñais de Pontevedra, aliás das institucións…
Alternativas de produción ecolóxica no rural e roteiro polo río Merín (Vedra).
Dentro do programa anual de Vai de Roteiros quixemos adicar unha xornada a analizar a situación do noso rural dende diversas perspectivas: como lugar para vivir e manter unha actividade económica, como sustento de comunidades humanas e cultura popular, como paisaxe e entorno natural, etc. Por iso, dende o núcleo comarcal de Compostela deseñamos este roteiro…
III Xornada de Iniciación á Ornitoloxía. 30-31 maio 2014
O vindeiro venres 30 e sábado 31 de maio terá lugar a III Xornada de Iniciación á Herpetoloxía, organizada polo CEIDA e aSociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) coa colaboración de Grupo de Anelamento Píllara e Grupo Naturalista Hábitat.É unha xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé nas aves…