Pedimos a retirada da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza

A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñemos en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou…

II Xornada de Eliminación e EEI no río Limia

A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”, que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Os traballos de eliminación no río Limia foron unha continuación dos iniciados pola Delegación de Ourense da…

Grande parte dos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro incumpren os límites legais de contaminantes

Perante os diversos intentos de SOGAMA de ‘deslocar’ o seu vertido de residuos a outras ubicacións diferentes da Areosa (Trazo, Ordes…) ADEGA requeríu da administración a caracterización destes refugallos. A crecente preocupación da poboación situada nos arredores destes novos vertedoiros estaba xustificada: a prática totalidade dos refugallos analisados incumpren cos mínimos legais de contaminantes. Residuos…

Ante as eleccións do 25-S: Non votes Ence-Elnosa, non votes PP. Bótaos!

O vindeiro domingo 25 están convocadas unhas novas eleccións autonómicas en Galiza. Unhas eleccións que deben ser as derradeiras antes do fin da concesión das empresas contaminantes Ence e Elnosa no emprazamento da Ría de Pontevedra en 2018. Mais é sabido que o Partido Popular, a través da contrarreforma da Lei de Costas pensada para…

A “Vuelta Ciclista a España”, causa da destrución de hábitats prioritarios no LIC Costa Ártabra

ADEGA, o Grupo Naturalista Hábitat, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) amosan a súa preocupación polo impacto ambiental ocasionado pola “Vuelta Ciclista a España” na contorna de Vixía Herbeira, en Cariño. O acontecemento deportivo foi a presunta causa da construción, supostamente ilegal, dun aparcadoiro que destruíu varios…

Recoñécese a electrosensibilidade como causa de incapacidade laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) recoñeceu recentemente a un enxeñeiro de telecomunicacións da multinacional Ericsson unha incapacidade permanente total para traballar en entornas de contaminación electromagnética , sentenza exemplar no Estado Español que deixa en evidencia a ausencia de Zonas Brancas e a existencia duns límites de exposición desfasados que non teñen…

ADEGA alerta do perigo de seca no río Sar

Debido á ruptura da presa da canle de derivación a auga que discorre polo cauce do río Sar estase a drenar polo burato da presa coa subseguinte perda de caudal augas abaixo. Isto provoca, sumado ás inexistentes precipitacións destes últimos meses, que no treito sinalado o río Sar estea practicamente seco, chegando ao límite de…

Campaña Galiza Libre de Glifosato

Un ano máis as estradas e vías galegas aparecen queimadas con herbicida, toneladas de substancias químicas perigosas que envelenan a auga, a terra e prexudican a nosa saúde e o medio ambiente. Logo das manifestacións da OMS, que considera ao glifosato un probable canceríxeno, e doutras achegas, como o estudo publicado por Criigen, (Comité de…

ADENCO presenta nova documentación en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da “senda do Tea”

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado esta semana sendos escritos perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Consellería de Medio Ambiente en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da senda do Tea neste espazo incluído na Rede Natura 2000. O primeiro dos escritos enviouse á Confederación Hidrográfica Miño-Sil en relación co expediente sancionador…