O pasado 19 de xullo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou unha demanda ante o Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como Ben…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Obradoiros de concienciación ambiental sobre residuos nos campamentos de verán
A Manc. de concellos da Serra do Barbanza ten un sistema propio de xestión de residuos, un sistema que xira en torno a unha planta de compostaxe: priorízase a reciclaxe da fracción orgánica. Para isto é imprescindible unha boa separación acompañada dun programa educativo que estamos a desenvolver dende ADEGA. Calquera concello, asociación, agrupación ou…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés anima a extender o modelo de limpeza da Lanzada a outros areais
A praia da Lanzada, en O Grove, é un dos areais con máis sona de Galicia e a zona máis visitada do espazo protexido do Complexo Umia- O Grove (Rede Natura200). Esta praia ten diversos valores naturais que a fan merecente de tal protección, como a flora dunar e as figuras xeomorfolóxicas asociadas (istmo dunar…
Outra tonelada e media de Carpobrotus retirada de Sálvora polo voluntariado
Dando continuidade aos traballos encetados o pasado ano, a ducia de voluntarios/as de ADEGA que vimos de traballar en Sálvora para a recuperación dos hábitats autóctonos conseguimos retirar preto de 1500 kg de herba do coitelo. ÁLBUM DE FOTOS da actividade… Foron uns 500 metros cadrados ocupados por Carpobrotus edulis repartidos en 8 zonas arredor…
Roteiro pola protección dos montes de San Xián de Marín
Animámosvos a participar no roteiro polos monte de San Xián (Marín) que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo o vindeiro sábado 9 de xullo. O percorrido é circular, duns 8 quilómetros e sairá ás 18 h. do Igrexario de San Xián para chegar ás 22 h. ao mesmo lugar. O horario vai…
Consulta a edición de primavera de CERNA, o número 75!
ADEGA vén de publicar a edición número 75 da Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente, CERNA, que recolle máis de 15 artigos relativos a temas como a mudanza climática, litoral, biodiversidade, consumo responsábel, ríos, enerxía ou mobilidade. Cuestións centrais abordadas neste número teñen a ver coas recentes decisións “de urxencia” adoptadas polo goberno estatal…
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre dous novos expedientes sancionadores aos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras do paseo fluvial do Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de ter coñecemento do inicio de dous novos expediente sancionadores por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra os Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras realizadas para a construción do paseo fluvial do río Tea. Estes dous novos expedientes son independentes do expediente sancionador coñecido fai uns días vinculado con…
O CES organizou unha xornada de control de plantas alóctonas na Duna de Baltar
O pasado sábado 17 de xuño ás 10h na praia de Baltar, en Portonovo, déronse cita un grupo de voluntarios do Colectivo Ecoloxistado Salnés para arrincar exemplares de Herba da Pampa , unha planta exóticas invasoras que están a desplazar a flora (e fauna) propia do lugar. Comentar que esta actividade contou coa pertinente autorización…
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador aos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras do paseo fluvial do Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de ter coñecemento do inicio do expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra os Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras realizadas para a construcción do paseo fluvial do río Tea. Desde hai case tres anos, o Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciando o impacto destas obras sobre o…
Axúdanos a manter a biodiversidade en Baltar (Colectivo Ecoloxista do Salnés)
Porque as especies exóticas, como as plantas que invaden a duna de Baltar, son unha das causas máis importantes de perda de biodiversidade, no CES poñémonos mans á obra para contribuir a erradicar este problema e, sobre todo, visibilizalo: Actividade aberta de xuño: Eliminación de especies invasoras nas dunas de Baltar (Portonovo). Será o…
Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA”. Solicítaa para a túa entidade!
– A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas, a exposición “A AMEAZA SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA”. Trátase dunha exposición sobre as especies invasoras e a súa problemática que consta de 13…
A APDR rexeita participar con ENCE nunha mesa polo saneamento da rìa
Temos recibido unha invitación da empresa ENCE para que o noso colectivo participe nun suposto espazo de encontro permanente co obxectivo de sumar esforzos para a recuperación da calidade das augas da nosa Ría, unha proposta que non dubidamos en enmarcar na actual campaña publicitaria coa que a empresa pasteira pretende lavar a súa má…