En 2010 a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denunciara recheos de terras, vertidos e perdas de caudal en varios lugares do río Rato, entre o Polígono de O Ceao e a nova Ponte de Paradai. Parte destes recheos supuxeron a acumulación de miles de toneladas de terras e escombros nas marxes do…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Resumo Asemblea da FEG
A Federación Ecoloxista Galega levou a cabo o pasado 14 de marzo a 25 Asemblea Xeral, en Santiago de Compostela, no propio local da FEG. Fíxose repaso ás actividades realizadas durante o último ano, renovouse o cargo da tesouraría e aprobouse o plano de traballo para o ano 2015-2016. Informe de actividades Dentro do marco…
ADEGA esixe á Xunta que protexa e poña en valor o bosque autóctono ante o incremento das plantacións de eucalipto
Dende a aprobación da Lei de Montes en 2012 pola maioría do PP, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de usos aumentaron nun 274%. Era visto: a lei favorece os monocultivos, nomeadamente do eucalipto e permite as cortas a feito de carballeiras. Unha lei feita por e para o eucalipto ADEGA vén de obter…
Dous anos despois a Xunta leva ao DOG a anulación do plano sectorial de Barreiros
A principios de xuño de 2013 o TSXG fallaba a favor de ADEGA e anulaba o acordo do Consello da Xunta co que a administración pretendía legalizar cun plano sectorial a medida, algunhas das desfeitas urbanísticas de Barreiros. A Xunta pretendía “investir” 14 millóns de € de cartos públicos, destinados a tapar os incumprimentos legais…
O documental Tesouro de Corcoesto chega a Compostela
Será mañá, mércores 18 de marzo, no salón de graos da Facultade de Económicas e Empresariais, en cooperación coa Liga Estudantil de Santiago. Esta longametraxe documental, estreada o 7 de febreiro en Carballo, está facendo unha ruta por toda Galicia, con pases abertos e gratuitos, acompañados dun coloquio coa súa directora, Cora Peña. TESOURO DE…
Plantacións de pirófitas en Rede Natura ameazan a especies en perigo de extinción
Se a semana pasada denunciabamos unha plantación ilegal de eucaliptos, previa tala de bosque autóctono na RN2000 do ZEC Xubia-castro, desta volta tócalle ao ZEC Canón do Sil. No concello de Parada de Sil, ao O do lugar de Caxide e ao longo de estrada de Parada a Luintra (referenza catastral da parcela 32058A00200252) estase…
Máis de 20 persoas eliminan acacias no río Liñares
O pasado 14 de marzo, ADEGA desenvolveu unha actividade, xunto coa Asociación pola Defensa do Val do Liñares, de eliminación de flora exótica invasora na ribeira do río Liñares. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de…
Encontros naturalistas Hábitat, marzo 2015: Os picafollas (xénero Phylloscopus) en Galicia
Nos Encontros Naturalistas de marzo 2015 aprenderemos cales son as especies e subespecies de picafollas que se teñen atopado en Galicia, e como diferencialas. A charla, na que colaboran Fernando Pereiras, Manolo Carregal (Grupo de Anelamento Píllara) e Paco Rosende (Grupo de Anelamento Hércules), estará impartida por Damián Romay, biólogo e naturalista con ampla experiencia….
Vai de Roteiros! Interpretando o litoral de Cangas a Barra
“Verdegaia organizará o vindeiro domingo 15 de marzo un novo roteiro encadrado no programa Vai de roteiros!, nesta ocasión polo litoral sur da península do Morrazo entre a vila de Cangas e a praia de Barra. O percorrido abrangue diferentes entornos do litoral cangués como o espazo de punta Balea, a praia de Liméns e…
PRUX das Fragas do Eume: 19 agardando por un plano desfasado e sen compromisos concretos
ADEGA vén de apresentar alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume que a Xunta está a elaborar con 19 anos de retraso. É o parto dos montes: tanto tempo agardando por un PRUX que nace morto, sen medidas concretas e sen orzamentos Un PRUX baseado en normativa desfasada O Parque…
A Xunta de Galicia amosa a súa incompetencia e irresponsabilidade no documento inicial do PRUX das Fragas do Eume
A Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia manifestan que, despois de 18 anos como parque natural, o documento inicial do PRUX da Fragas do Eume presenta graves deficiencias de modo que, de aprobarse nos termos actuais, non vai supoñer un avance na conservación dos ecosistemas e na mellora da calidade de vida da poboación local. Carece…
A última sentenza do TSXG provoca o triunfalismo de ENCE
A sentenza da Sección Segunda da Sá do Contencioso-Administrativo do TSXG, que desestima o recurso presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) contra a renovación da AAI de ENCE, deu pe aos directivos da empresa pasteira a expresar un trunfalismo desmedido co que pretende desprestixiar as posicións da nosa asociación. Baixo o título “segunda…