Os colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante Setem, que vimos de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, decidimos xa no ano pasado reorientar a nosa programación cara un novo formato onde queremos pór o foco na participación cidadá. Xurdiu así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é un típico…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Un programa pola Terra
ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia envían as súas “propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentables a nivel local” ás formacións candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 20 de maio “Un Programa pola Terra” recolle unha serie de propostas para que…
A Fundación EIRA, declarada de interese galego para a defensa do medio natural
A recén constituida Fundación EIRA asumirá a organización, xestión e desenvolvemento de diferentes actividades de interese xeral que terán centro o equipamento da Eira da Xoana. A Eira da Xoana, constituída fisicamente por unha casa e finca sitas na parroquia de Ramil, no Concello de Agolada, nace en 2007 como resultado dun proxecto de ADEGA…
Resposta da APDR ao presidente Núñez Feijoo
Temos que recoñecer que nos teñen chamado a atención as declaracións feitas onte polo Presidente da Xunta a propósito do tema ENCE; pero non porque teña apostado abertamente pola súa permanencia na Ría de Pontevedra, pois esta e non outra foi sempre a posición mantida polo Partido Popular por máis que a teñan defendido ás…
Nunca Máis: solidariedade con Canarias polas verteduras do Oleg Naydenov
A historia repítese: a falla de previsión e/ou incompetencia na xestión doutro accidente marítimo pon en risco o ambiente e os recursos mariños. Tentar desfacerse do barco mandándoo “ao quinto pino” pode facer que 1500 de fuel acaben regando Canarias. O caso do pesqueiro ruso (incurso por certo nunha investigación da CE por pesca ilegal)…
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite a trámite a denuncia ecoloxista contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA
A Presidenta da Comisión de Peticións do PE, Cecilia Wikström, vén de comunicar aos grupos da Plataforma Galega contra a Incineración, a admisión a trámite da denuncia contra a Xunta-SOGAMA por incumprir a lexislación comunitaria de residuos. Logo de que en maio de 2013 o PP en solitario rexeitara debater a ILP pola reciclaxe e…
Vai de roteiros!: pola serra do Careón
O domingo 19 de abril, o núcleo comarcal de Verdegaia en Compostela organiza un roteiro por este espazo natural, de singular valor pola súa flora e xeoloxía e que está a sufrir diferentes agresións, entre as que cómpre destacar o paso da proxectada A54, a autovía que unirá Lugo e Compostela. Para o desprazamento contaremos…
ADENCO organiza unha ruta polo Río Xabriña para dar a coñecer o patrimonio cereiro da Comarca
O próximo domingo 12 de abril, o Grupo Ecoloxista Adenco ten prevista a realización dunha ruta polo río Xabriña, un sendeiro de pequeno recorrido, recuperado pola Comunidade de Montes de Paraños. A actividade dividarse en dúas partes, tendo unha primeira parte de difusión do patrimonio cereiro de Paraños, cunha visita guiada ao lugar e entrada…
Os intereses privados, outra volta por riba da protección das nosas árbores senlleiras
Na súa resposta á denuncia de ADEGA, a Dirección Xeral de Conservación fai seus os argumentos da Axencia Estatal de Segutidade Aérea, AESA, que xa en 2009 autorizara a tala deste exemplar por, na súa opinión, constituir “un perigo para a seguridade das persoas” e un “problema grave para a aviación”. Estes argumentos foron achegados…
Por un futuro de calidade; ENCE-ELNOSA fora da ría xa!
Como se da salvación das nosas vidas e da nosa economía se tratase, deu a coñecer Jacobo Moreira o seu apoio incondicional á permanencia de ENCE no irracional emprazamento que hoxe ocupa na Ría de Pontevedra; e, sinceramente, dubido moito que houbese alguén na comarca agardando outra posición que non fose a que, na práctica,…
SermosADEGA xa está na rúa!
Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais. Trátase dun proxecto en parcería con Sermos Galiza que abrangue temas de actualidade medioambiental e da actividade de ADEGA, quen se encarrega de seleccionar os contidos. ADEGA sempre prestou atención á…
O Grupo Ecoloxista ADENCO mostra a súa preocupación polos lumes forestais dos últimos días na Comarca
Nos últimos días centos de hectáreas de monte na Comarca do Condado foron arrasadas por varios lumes forestais, destacando o que afectou ás parroquias de Padróns, Ribadetea e Xinzo no concello de Ponteareas, onde se queimaron, cando, menos 371 Hectáreas. Desde a Asociación para a Defensa da Natureza do Condado considérase como un auténtico atentado…