A delegación ADEGA Monterrei Salvemos o Támega realizou o pasado martes un acto reivindicativo no entroido máis antigo de Galiza. Decenas de persoas sumáronse a esta manifestación polas rúas de Laza cunha faixa que dicía unha vez máis “Salvemos o Támega”. A delegación ADEGA-Monterrei alegou deste xeito, a necesidade de conservar este río pertencente a…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Acto de entrega de premios do II Certame de Debuxo da Natureza
O vindeiro mércores 25 de febreiro ás 20:30h, na sala de exposicións da Casa da Auga (A Coruña), terá lugar o acto de entrega de premios do II Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, organizado polo G.N.Hábitat da man de Emalcsa. Ao evento acudirán representantes das entidades organizadoras e promotoras…
Informe sobre o estado dos ríos galegos 2014
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis…
Intercambio xuvenil europeo no río Gafos
O luns 16 de Febreiro 34 estudantes de Hungría, Grecia, Letonia, Finlandia, Alemaña, Galicia e España, participarán nun paseo polo río Tomeza (Gafos), organizado pola Asoc. Galega de Percutas OMAR, acompañados por membros de Vaipolorío que lles darán unhas nocións básicas da flora, fauna, toponimia, lendas e outros aspectos do río. Punto de encontro: Estación de Autobuses…
A APDR presenta alegacións ao expediente de caducidade da concesión a ENCE
Como é sabido, a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) ten solicitado ser considerada como parte interesada no expediente de caducidade da concesión aberto a ENCE, unha consideración que vén de conceder o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y que –entre outras cousas- permitiulle á asociación ter acceso a consultar o…
O ´porta a porta´de San Sadurniño consegue unha importante redución de residuos
O pasado 29 de xaneiro persoal do concello de San Sadurniño e de ADEGA visitamos casa por casa aos participantes neste proxecto de recollida porta a porta e compostaxe. O proxecto atinxe á zona limítrofe de San Sadurniño e Naraío e a parroquia de Ferreira, unha rota de 40 Km para recoller o lixo de…
Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC
Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para á…
Estrea do documental “Tesouro de Corcoesto” en Bergantiños
O documental, que relata o conflito entorno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase ó público o próximo 7 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña). O proxecto dunha mina a ceo aberto, que a empresa canadiana Edgewater Exploration pretendía instalar na comarca de Bergantiños, convulsionou á sociedade galega e situou á…
´Kit de emerxencia´ fronte a plantacións ilegais de eucaliptos
O aumento do cultivo do eucalipto vén da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional, de implicación ambiental e social orquestada dende a administración (“El mundo rural está condenado a desaparecer”, Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural dixit) fai que o destino de moitos…
No día mundial dos humidais, visita guiada ás Brañas do río Tomeza (Gafos)
VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA: LUNS 2 DE FEBREIRO DO 2015 SAÍDA:ÁS 16,30 H DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE PONTEVEDRA DURACIÓN APROXIMADA :2 HORAS MEMBROS DE VAIPOLORÍO FALARÁN E AMOSARÁN A RIQUEZA BIOLÓXICA DESTE ESPAZO Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos Humedais….
Por un modelo participativo e descentralizado de xestión de residuos baseado na política dos 3Rs
Diante do debate suscitado en Pontevedra pola proposta de instalación dunha Planta de compostaxe en terreos do municipio, desde a APDR queremos subliñar o seguinte: . 1.- A APDR apostou desde sempre por un modelo participativo e descentralizado de xestión de residuos sólidos urbanos (RSU) sostíbel, un modelo baseado na política das 3Rs e que…
O Concello de Cospeito, multado con 30.600 € por vertidos á Lagoa de Cospeito denunciados por ADEGA
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao concello de Cospeito por infrinxir a Lei de Augas ao contaminar o Río Guisande, que desemboca no espazo protexido da Lagoa grande de Cospeito, con vertidos de augas residuais procedentes da antiga depuradora municipal situada en Feira do Monte, parroquia de Sistallo. Segundo a CHMS, os vertidos que afectaron…