22 anos limpando, protexendo, estudando e divulgando o río Gafos. COMENZAMOS O DOMINGO 31 DE XULLO COA COLABORACIÓN DO CENTRO DE REEDUCACIÓN AVELINO MONTERO. Mais info:676 842 942
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
A Federación Ecoloxista Galega esixe medidas para frear os lumes forestais e enfrontar a emerxencia climática
A vaga de incendios está a provocar inmensos danos nos sistemas forestais galegos e no seu patrimonio natural dende fai xa demasiados días e semellan non ter freo. Estes lumes non só asolan Galicia, senón que acompañan outros grandes incendios no resto do Estado español e en boa parte de Europa, facendo evidente que gardan…
Unha man de pintura verde na cuestión enerxética para seguir contaminando
Ante a recente aprobación do Parlamento Europeo (xullo 2022) da inclusión do gas e as centrais nucleares dentro da taxonomía verde, de tal forma que serán equiparadas a enerxías renovábeis nos programas de financiamento, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) contactou co profesor X. Doldán en calidade de experto, quen nos remitiu a súa reflexión e…
As Brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia voltan a Froxán (Lousame) o 23 de Xullo
As vagas de incendios asolan de novo todo o país e desde Verdegaia continuamos coas intervencións das Brigadas Deseucaliptizadoras que limpan os montes de especies exóticas e invasoras e recuperan os terrenos con frondosas que axudan a evitar e propagar os lumes e contribúen a loitar contra o cambio climático. Logo do éxito da forza expedicionária…
Presentación do Proxecto SOnat (Morcegos de Galicia)
Velaquí unha xornada máis Falando de natureza, na que coñeceremos de primeira man a nova iniciativa dos compañeir@s de Morcegos de Galicia: o Proxecto SOnat. No marco desta proposta, a entidade ten previsto focalizar o seu esforzo en recoller datos da especie mais descoñecida da nosa fauna quiropterolóxica: o morcego migrador (Pipistrellus nathusii). SOnat procurará determinar, en base a mostraxes…
Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!
A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora…
A FEG ven de enviar unha carta a Valedora do Pobo co obxecto de facer visíbel as irregularidades no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable
No escrito, os colectivos que forman parte da Federación[1] argumentamos as nosas queixas do funcionamento do Consello da Xunta, que está a desatender ou mesmo pór trabas aos procesos de participación pública que en materia de medio ambiente son preceptivos e están recollidos en multitude de normativas europeas, estatais e autonómicas. Xa no ano 2021…
Verdegaia esixe ó Concello de Vigo que divulgue onde vai transplantar as árbores arrincadas esta semana en Martínez Garrido
Gran Vía, Ronda de Don Bosco, Castro, Gregorio Espino … atopamos exemplos en todos os barrios da cidade pero a desfeita desta semana en Martínez Garrido exemplifica claramente como o concello trata as árbores: como se foran mobiliario urbano Esta semana descubrimos na rúa Martínez Garrido que o concello ademais de seguir liquidando as árbores…
As Avelaíñas da Carballeira de Caldas de Reis
O Xoves, 14 de xullo do 2022 de 22:30h a 01:30h, terá un lugar unha actividade que tiñamos moitas ganas de facer, unha mostraxe de avelaíñas na Carballeira de Caldas de Reis, para dar a coñecer aos veciños e veciñas a estes misteriosos lepidópteros que se agochan na súa cidade. Con esta actividade tamén pretendese poñer en valor…
Arranca o Proxecto Fluviatilis
Unha oportunidade para restaurar ríos e adaptarnos ao cambio climático O proxecto “FLUVIATILIS: custodia para la resiliencia” ten como obxectivo principal a conservación e rehabilitación de ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a provisión de servizos ecosistémicos mediante a custodia fluvial, unha importante ferramenta para a xestión integrada do territorio. A…
Finalizan con éxito os cursos técnicos de compostaxe impartidos por ADEGA en Ames e Moaña
A Asociación ecoloxista ADEGA realizou durante os meses de maio e xuño a formación denominada “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” para o emprego dentro do Programa Empleaverde, que rematou os días 7 e 30 de xuño en Ames e Moaña, respectivamente. Esta formación técnica, de balde e dirixida a persoas en situación de desemprego, contou cunha alta participación…
Verdegaia arranca o Xullo Deseucaliptizador en Froxán (Lousame)
Logo do éxito da força expedicionária á Serra da Estrela, as Brigadas voltan á casa con dúas accións en Froxán (Lousame) programadas para este mes de xullo. A primeira, no domingo 10, abrirá unha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territoria coa Fundación Montescola, nas…