ADEGA dá os primeiros pasos para xudicialización da desfeita eólica

As instalacións dos parques eólicos “Bustelo” e “Monte Toural” promovidas por Greenalia sitúanse na contorna da Braña Rubia-Lagoa de Alcaián e nas proximidades do Monte Castelo. Nesta reducida área atópanse en tramitación outro parque eólico “Campelo”, tamén promovido pola empresa da ex-conselleira Beatriz Mato. Son tres parques da mesma promotora, que coinciden na mesma área…

Outono en marcha: Dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños

Velaquí o convite a unha nova xornada no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión teremos  a sorte de contar cos compañeiros da Asociación Ambiental Senda Nova, entidade sen ánimo de lucro que conta entre os seus principais obxectivos coa posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira e…

Pasado, presente e futuro da Ría do Burgo

En vista da estupenda aceptación que tivemos días atrás no roteiro interpretativo para coñecer in situ o Patrimonio Natural e Humano da ría do Burgo, se cadra é bo momento para profundizar no pasado, no presente, e no futuro deste espazo natural, dende diferentes perspectivas e sensibilidades. E nada mellor para este repaso temporal que…

9-0 Desacación en Lentille (Ribeiro)

Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo continuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria…

Carta aberta a Rafael Domínguez

Sr. Domínguez, Vimos de coñecer as súas últimas declaracións sobre a prórroga de ENCE e, sinceramente, debemos recoñecer que nos teñen sorprendido; non tanto porque recoñeza Vde. que a prórroga concedida polo Presidente Rajoy foi ilegal, senón porque non alcanzamos a entender o porqué dese aparente desmarque dos seus xefes de Partido. Trátase dun intento…

Satisfación na APDR tras a reunión co secretario de Estado Hugo Morán

Membros da “Asociación Pola Defensa da Ría” mantiveron na mañá de hoxe, e con anterioridade á reunión da “mesa de diálogo” polo tema ENCE, unha reunión co Secretario de Estado para aTransición Ecolóxica, Hugo Morán. A amentada reunión, á que asistiu tamén a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, desenvolveuse nun clima de absoluta…

ADEGA denuncia na Fiscalía a Xunta e as eléctricas polo baleirado dos encoros

ADEGA vén de trasladar á Fiscalía delegada de medio ambiente do TSXG unha denuncia para que investigue o proceder da Xunta e das concesionarias dos aproveitamentos hidroeléctricos cuxos encoros sofriron recentemente un brusco decenso de caudal. Nos pasados meses de xullo e agosto, varios encoros para aproveitamento hidroeléctrico na bacía hidrográfica Miño-Sil ficaron con níveis…

Celebración do 30 + 5 Aniversario da FEG

O ano 2020 sería a data exacta desde que se formalizou a Federación Ecoloxista Galega (FEG) alá polo ano 1.990, pero que xa viña dun percorrido recoñecido como Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza (AGENG), de aí que a celebración dos 30 + 5 anos, en recoñemento a toda a historia do movemento ecoloxista…