Novo vertido de augas fecais no Río pintos

Na mañá do pasado xoves 28 de xaneiro, varias persoas usuarias do “sendeiro do Gafos” puideron observar no río un aparatoso vertido de augas fecais que tiña a súa orixe nun sumidoiro existente na canle. Tal como se pode observar no video que xuntamos, todo indica que o vertido prodúcese a desbordar o sumidoiro pola…

Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do Courel

Desde finais do século XX, a poboación cantábrica de oso pardo estase a recuperar grazas aos esforzos de conservación aplicados sobre a especie e o seu hábitat e ao cambio cara a unha percepción máis positiva e favorable entre os habitantes das zonas oseras. Esta recuperación produciu un aumento importante do número de osas reprodutoras…

Accións de protesta contra o reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation

Organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais protestamos ante diferentes sedes administrativas para denunciar o escuratismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación. Sinalamos que estes fondos van ir a parar ás mesmas grandes empresas e sectores industriais que levaron á grave crise climática, social, económica e sanitaria que…

Vitoria!: Endesa anuncia o peche da central de carbón das Pontes!

Desde ADEGA e desde o ecoloxismo galego celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes como un enorme éxito na loita desde a nosa terra contra a emerxencia climática global!  Confirmada a inviabilidade da falsa solución da co-combustión de carbón e residuos, agora cómpre centrar por fin os esforzos na implementación dun…

A APDR presenta suxestións ao regulamento de xestión de residuos sólidos urbanos do Concello de Pontevedra

“Asociación Pola Defensa da Ría” presentou a pasada semana as súas primeiras suxestións ao Regulamento de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RXRSU), un regulamento que propón o Concello pola extinción do contrato coa empresa que viña desenvolvendo este servizo; trátase, fundamentalmente, de consideracións xerais que afectan ao que poderiamos chamar a “filosofía” do Regulamento e…

6-F: a desacaciación contuinúa en Lentille

Da man da Asociación Veciñal de Lentille as Brigadas (tamén desacaciadoras!) voltan á carga no esforzo por habilitar camiños e seguir facendo recuar as acacias desta aldea do Ribeiro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até como moi tarde o dia 3 de febreiro….

A APDR advirte dos graves prexuízos do novo plan forestal galego

A análise pormenorizada do anovado Plan Forestal Galego, recentemente presentado diante do Consello Forestal de Galicia, permite cualificalo de decepcionante; trátase dun documento pouco fundamentado, que camiña en sentido contrario ás direccións establecidas no marco europeo e estatal no que fai á sostibilidade e que propón unhas liñas de actuación claramente prexudiciais para o sector…

23-Xaneiro: Roga no Formigueiro (Cedeira)

As Brigadas deseucaliptizadoras inician o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto. Esta será a primeira de dúas xornadas de traballo no lugar de Formigueiro (entreCedeira e santo André de Teixido). Os traballos terán lugar nunha terra dunha hectárea de Mark Singleton, veterano brigadista, que está a traballar en recuperar o bosque autóctono…