Cobre San Rafael propón facer un parque temático da contaminación mineira

Na documentación achegada pola empresa en resposta ás graves deficiencias postas de manifesto polos colectivos sociais e os informes da Xunta, seguimos atopando datos sorprendentes. Desta volta trátase dunha rocambolesca proposta que, da man do prof. Felipe Macías pretende, facendo da necesidade virtude, crear o “primeiro parque de estudo de organismos estremófilos”. Semella unha brincadeira…

Alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo

Verdegaia vén de presentar alegacións ao PRUX de Corrubedo, un documento ambiguo que non garante a protección do Parque, non establece medidas concretas para os obxectivos que di perseguir, e nin tan sequera se propón establecer cal é a carga máxima de visitantes dun Parque que sofre unha presión cada vez maior. A finais do…

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural, da Consellaría de Cultura, da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de delito. Unha destas denuncias fai referencia á destrución do Castro de Trinidade-Flores, situado entre os concellos de…

Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador… Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao texto da primeira revisión do novo Plano Forestal do PP-ENCE. Dende o ponto de vista ambiental, o texto presentado pola Xunte e a exposición pública até o vindeiro venres…

O desvío de visitantes desde Cíes provoca a masificación de Ons

A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800…

Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción

Greenalia Power (antes Kakekias Eólica) presentou 3 proxectos de parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Endemismos galegos únicos no mundo, en perigo As instalacións destes…

ADEGA-Vigo alega na defensa das últimas carballeiras da cidade

A delegación de ADEGA en Vigo vén de presentar, xunto coa veciñanza do barrio de Navia, alegacións ante a segunda modificación do plan parcial de ampliación urbanística de San Paio de Navia, plan que supón a eliminación dunha das últimas carballeiras da cidade de Vigo. Esta nova modificación pretende dar luz verde á construción de…

Custodiando o Sobreiral do Arnego

ADEGA recibíu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo  de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións estanse a desenvolver na parcela A Zarra da Pena na contorna do río Arnego. No marco do proxecto,…

Balance trampeo v.velutina no río Gafos

No día de onte 14 de maio a Asociación Vaipolorío retirou as trampas de Vespa asiática ou vespa velutina do río Gafos despois de dous meses experimentais para procurar capturar as raiñas que segundo os expertos son as que convén apresar antes ou mentres fan os niños primarios. O número de velutinas atrapadas foi bastante significativo (27 EXEMPLARES) nun detrimento…

Verdegaia esixe a aprobación do PRUX á altura dun Parque Nacional

Verdegaia presentou alegacións ao plan esixindo cambios no PRUX de cara a garantir a conservación dos valores naturais, xa que o documento exposto ao público non garante a debida conservación dos valores naturais. Agora tamén facemos nosa a postura das persoas representantes das Asociacións Ecoloxistas no Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas…