ADEGA esixe medidas urxentes de restauración nas zonas queimadas e a declaración de zona catastrófica

Perante os graves danos sociais e ambientais causados polos lumes, urxe a declaración de zona catástrófica nos lugares afectados. Deste xeito poderanse dispoñer medidas e axudas para compensar rápidamente as perdas e recuperar o pulso social e económico após os terríbeis incendios que queimaron ducias de vivendas, milleiros de hectáreas de cultivos, pastos, instalacións agrícolas,…

A eucaliptización mata: os lumes máis perigosos inícianse nos despachos

Pesar polas recentes mortes, indignación pola incompetencia da Xunta e orgullo pola actuación da veciñanza Cinismo sen límites: a culpa é de Portugal e de Ofelia Para ADEGA as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta…

Xornada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”

O vindeiro luns 5 de xuño achégate connosco á  xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, que vimos de organizar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que…

O Proxecto Noucho achégase á Universidade de Vigo

O vindeiro xoves 6 de abril os compañeiros Carla e Daniel  de Hábitat achegaranse a Pontevedra para presentar novamente o noso Proxecto Noucho, desta volta na Universidade de Vigo. A charla levarase a cabo no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal (ver localización no mapa), e terá lugar ás 11:00h. Dende aquí, agradecer aos compañeiros da…