O Proxecto Noucho achégase á Universidade de Vigo

O vindeiro xoves 6 de abril os compañeiros Carla e Daniel  de Hábitat achegaranse a Pontevedra para presentar novamente o noso Proxecto Noucho, desta volta na Universidade de Vigo. A charla levarase a cabo no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal (ver localización no mapa), e terá lugar ás 11:00h. Dende aquí, agradecer aos compañeiros da…

Identifican, por vez primeira na Península Ibérica, un cogumelo atopado nas Xeiras Micolóxicas de ADENCO

As Xeiras do Grupo Ecoloxista ADENCO son referente na formación e divulgación do mundo dos cogumelos nos concellos do Condado. Nos 27 anos ininterrompidos de Xeiras Micolóxicas se teñen realizado múltiples actividades didácticas como exposicións e saídas ao monte. Nesta ocasión, as Xeiras ofrecen unha interesante e sorprendente novidade de índole científica. Un cogumelo recollido…

As agresións ao patrimonio arqueolóxico de san Xulián suman novas críticas

Xa son catro as entidades que nas últimas semanas amosaron a súa preocupación polas agresións ao patrimonio catalogado existente no monte veciñal da parroquia de San Xulián. A Xunta de Galicia, o Concello de Marín e o Seprona recibiron distintos escritos asinados pola Irmandade Illa de Tambo, a asociación cultural A Forneiriña, o colectivo ecoloxista…

A “Vuelta Ciclista a España”, causa da destrución de hábitats prioritarios no LIC Costa Ártabra

ADEGA, o Grupo Naturalista Hábitat, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) amosan a súa preocupación polo impacto ambiental ocasionado pola “Vuelta Ciclista a España” na contorna de Vixía Herbeira, en Cariño. O acontecemento deportivo foi a presunta causa da construción, supostamente ilegal, dun aparcadoiro que destruíu varios…

Roteiro pola protección dos montes de San Xián de Marín

Animámosvos a participar no roteiro polos monte de San Xián (Marín) que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo o vindeiro sábado 9 de xullo. O percorrido é circular, duns 8 quilómetros e sairá ás 18 h. do Igrexario de San Xián para chegar ás 22 h. ao mesmo lugar. O horario vai…