Presentación do Proxecto SOnat (Morcegos de Galicia)

Velaquí unha xornada máis Falando de natureza, na que coñeceremos de primeira man a nova iniciativa dos compañeir@s de Morcegos de Galicia: o Proxecto SOnat.  No marco desta proposta, a entidade ten previsto focalizar o seu esforzo en recoller datos da especie mais descoñecida da nosa fauna quiropterolóxica: o morcego migrador (Pipistrellus nathusii). SOnat procurará determinar, en base a mostraxes…

Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora…

A FEG ven de enviar unha carta a Valedora do Pobo co obxecto de facer visíbel as irregularidades no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable

No escrito, os colectivos que forman parte da Federación[1] argumentamos as nosas queixas do funcionamento do Consello da Xunta, que está a desatender ou mesmo pór trabas aos procesos de participación pública que en materia de medio ambiente son preceptivos e están recollidos en multitude de normativas europeas, estatais e autonómicas. Xa no ano 2021…

Senda Nova clausura a 10º ESCOLA AMBIENTAL

Outra edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo tocou ao seu fin este pasado sábado no Espazo da  Natureza de Oza. Ao acto asistiron membros do Concello de Carballo, así como familiares e amigos da rapazada asistente. Tamén un bo número de persoas de Senda Nova, que se animaron a arroupar e homenaxear ás…

O FDXCC recorre varios complexos eólicos que afectan á pita do monte no Bierzo

O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), do que fai parte ADEGA, e a través da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, vén de interpoñer recurso de alzada ás aprobacións dos complexos eólicos de Peña del Gato, Valdesamario e La Espina, paralizados durante anos por orde do TSX de Castela e León, que…

A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000

A Xunta omite avaliación ambiental ordinaria de proxectos en Rede Natura 2000. O CASO DO PROXECTO DE ORDEACIÓN FORESTAL DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN CASTRELO E ESPIÑA, NA PARROQUIA DE CUBILLEDO (OURENSE) A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000, concretamente na…

Queres ser voluntario Medio ambiental nas Fragas do Eume?

Hai máis de vinte anos que Néboa Medio Ambiente, en colaboración coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, trae voluntarios de todo o mundo a traballar nas fragas do Eume. Os voluntarios medio ambientais facemos un traballo de formiguiñas  coidando das fragas como o facían os nosos antergos, retirando o lixo que traen río…

As Fragas do Eume, cada vez máis deterioradas

Primeiro foron os parques eólicos, logo foron as plantacións de eucaliptos, agora as talas masivas desas plantacións e o esgotamento do caudal do río Eume, … Néboa Medio Ambiente leva máis de vinte anos traballando nas fragas de Vilarbó, limpando as beiras do río, facendo plantacións de árbores autóctonas e promovendo o coñecemento dos valores…