Campaña de limpeza do río dos Gafos 2017

O domingo 2 de xullo, as 10:00h, tendo como punto de encontro a Estacion de Autobuses de Pontevedra, levarase a cabo a 1ª xornada. Nesta contaremos coa colaboración da Comunidade Educativa do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán. Como é costume nas campañas de limpeza, ao remate de xornada haberá un xantar con…

Roga e albaroque ambiental en Lousame

O sábado 28 de xaneiro botámonos ao monte. A proposta é facermos unha roga, un traballo colectivo nos terreos da comunidade de montes de Froxán, en Lousame. A tarefa será limpar o terreo de especies invasoras, entre elas brotes de eucalipto, para deixar espazo a outras propias como os carballos novos que están a medrar….

Encontros Naturalistas, xaneiro 2017: Picafollas

O vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 20h comezamos as actividades de divulgación 2017 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos coa compañía de Damián Romay e Daniel Monteagudo, recoñecidos ornitólogos e compañeiros de Hábitat que virán a falarnos das diferentes subespecies de picafollas que se atopan en Galicia, aprendendo a recoñecelas e diferencialas….

Xornada de voluntariado ambiental para a recollida de sementes de plantas dunares

Xornada de recollida de sementes , para posterior restauración dunar no marco dun proxecto para creación de cinco microrreservas de flora no concello de Fisterra. O Concello de Fisterra ven de recibir unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na…

Xornadas de sustentabilidade na UDC

Coma cada Nadal, e xa van sete edicións, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza as xornadas de sustentabilidade. desta volta, o lugar escollido será a Facultade de Dereito e o día o 1 de decembro. Ano tras ano, propoñemos diferentes obradoiros, coloquios ou exposicións e damos a coñecer diferentes entidades ecoloxistas e ambientalistas…

Achéganse as Xeiras Micolóxicas de ADENCO en Mondariz

As Xeiras Micolóxicas de ADENCO, referente micolóxico na Comarca do Condado xa que levan organizándose desde hai 27 anos de xeito ininterrumpido, continúan desenvolvendo as súas actividades nesta edición de 2016. Se fai dúas semanas as Xeiras estiveron en Mondariz-Balneario, nesta fin de semana será o Concello de Mondariz o que se convirta no centro…

ADENCO organiza as 27 Xeiras Micolóxicas do Condado

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de pechar o programa de actividades micolóxicas para este Outono, englobadas nas Xeiras Micolóxicas e que se desenvolverán en diferentes Concellos da Comarca. Estas actividades que son o referente micolóxico na Comarca do Condado levan organizándose desde hai 27 anos de xeito ininterrumpido. Descubrir o mundo dos cogomelos, a rica…

“Recuperando O Noso”, temática dos Roteiros de ADEGA-Lugo de 2016-2017

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros deste curso 2016-2017 a mostrar diferentes iniciativas, repartidas por todo o país, que teñen como obxectivo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural. O motivo destas andainas nace da proposta das persoas que participan habitualmente nos roteiros de ADEGA-Lugo e da propia intención de ADEGA, tras observar durante as nosas…

Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!

Vigo súmase aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común contra os Tratados de Libre Comercio durante este Outono en Resistencia. A Campaña Non ao TTIP Galiza convoca o vindeiro 15 de outubro  baixo o lema “Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!” a manifestación…

Obradoiros de concienciación ambiental sobre residuos nos campamentos de verán

A Manc. de concellos da Serra do Barbanza ten un sistema propio de xestión de residuos, un sistema que xira en torno a unha planta de compostaxe: priorízase a reciclaxe da fracción orgánica. Para isto é imprescindible unha boa separación acompañada dun programa educativo que estamos a desenvolver dende ADEGA. Calquera concello, asociación, agrupación ou…