En Xaneiro, dentro da Campaña 12 Meses, 12 Invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade realizaremos unha actividade de eliminación de Xuncia (Cyperus eragrostis) en Vilaboa. Empezamos a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos impedindo o desenvolvemento das especies…
Categoría: Convocatorias
27D: Tradicional “Roga de San Silvestre” en Froxán (Lousame)
Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo. Este ano a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro,…
Eólica Así Non convoca unha nova gran mobilización para o 11D, Día das Montañas
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica…
Xornada de presentacións con Senda Nova
Coa chegada do outono comeza unha nova tempada de actividades en Oza, un ano máis ponse andar unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova Concello de Carballo, e tamén damos a benvida a unha nova xeira de actividades do Inverno Ancestral, que acada xa a VII edición. O vindeiro sábado 19 de novembro, no…
20 anos da condena a ENCE por delito ecolóxico. Sábado 12 de novembro no C.S. O Gorgullón
O vindeiro sábado 12 de novembro ás 12h no Centro Social Gorgullón (R/ Curtidoira nº 1 Baixo) falaremos e festexaremos co gallo do 20 aniversario do xuízo por Delito Ecolóxico contra ENCE pola súa Actividade Contaminante contra o medio e as persoas.
Vaipolorío organiza unha Xornada de retirada de árbores caidas sobre sendeiro e no leito – tramo río Tomeza/ Gafos
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO AS 10 H OBXETIVO : Facer practicable o sendeiro na súa totalidade e recuperarlo s para @s usuari@s así como liberar os ollos das pontes e facilitar normal correr da auga IMPORTANTE @s voluntari@s que veñades comunicadeo antes do sábado no tfno 676 842 942 para organizar o traballo en función…
Xornadas Micolóxicas 2022 da Asociación Mocolóxica Coruñesa
Comprácenos anunciar a celebración dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, que contan un ano máis coa colaboración do G.N.Hábitat. Unha proposta que permitirá achegar o abraiante mundo dos cogomelos a toda a cidadanía, da man de expertos e compañeir@s da AMC. Diversos relatorios e exposicións micolóxicas terán cabida nesta ambiciosa iniciativa, que se…
As brigadas deseucaliptizadoras voltan ao Ribeiro o sábado 12 de Novembro
Pasada a vendima e governadas as bodegas, a Asociación Veciñal de Lentille convoca as brigadistas para lle arrearmos outra poderosa trabada ao asedio das mimosas na súa aldea. Desta volta concentraremos os esforzos en erradicarmos pequenos focos de invasión dentro da aldea e liberarmos camiños e sendeiros veciñais e as súas marxes. Separaremos ramallada para a sua…
Aberto o prazo de inscripción para unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo
Ábrese o prazo de inscrición para a XI edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO. O proxecto faise maior dende o apego á natureza e patrimonio. PARA QUENPódense anotar nenos e nenas de Carballo que cursen 3º, 4º, 5º ou 6º de educación primaria. CANDO E ONDE A Escola Ambiental celébrase os sábados…
Ti podes paralos!: recadación solidaria pola paralización cautelar efectiva dos parques eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural
ADEGA lanza hoxe a campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!” para conseguir recadar antes do 1 de novembro os 20.000 euros que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) require como caución ou aval para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo, promovidos por Greenalia nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Carballo. Este aval ou garantía requírese ás…
23 de Outubro: deseucaliptizamos en Vila da Cova (Lousame)
As Brigadas voltan a deseucaliptizar o próximo domingo 23 de outubro na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas. O punto…
Novo pau xudicial para a Xunta e Greenalia: O TSXG paraliza cautelarmente o PE Bustelo
En apenas quince días, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de paralizar cautelarmente dous proxectos eólicos autorizados pola Xunta e promovidos por Greenalia, de cuxo Consello de Administración forma parte como Conselleira Executiva a ex-conselleira de Medio Ambiente no goberno de Núñez Feijóo, Beatriz Mato. A sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo…