9 de outubro, primeira das andainas do XI OUTONO EN MARCHA con Senda Nova

Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos:  coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono,…

Senda Nova achégate ó espectáculo da Berrea nos montes de Asturies

O verán remata en setembro e as montañas do Alto Nalón asturiano choran as primeiras bágoas de outono. A humidade volve ao ambiente ao tempo que as árbores de folla caduca comezan a súa decadencia. Os olores poténcianse e os cervos entran en celo por todo un territorio onde son maioría. O espectáculo da Berrea…

G.N Hábitat presenta o calendario de actividades “Custodia do territorio e Voluntariado

Domingo 21 de agosto, ás 10:30h – Prazas dispoñibles Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules. Martes 26 de xullo, ás 10:00h – Actividade realizada Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do Parque de Bens. Participa: Down Coruña. Sábado 23 de xullo, ás 10:30h (1ª quenda) e ás 17:00h (2ª quenda) – Actividade realizada Obxectivo:…

G.N Hábitat presenta o II Curso Práctico de Entomoloxía: Coleópteros

Este agosto temos varias sorpresas entomolóxicas. A primeira é que o venres, 12 de agosto, teremos unha nova edición do Curso Práctico de Entomoloxía, que lanzamos no ano 2020 nunha versión de charlas online e unha saída. Este ano faremos unha pequena ampliación e daremos varias charlas e saídas centradas en varios grupos de invertebrados….

Observación con G.N. Hábitat de Vacalouras en Bribes

Este sábado, 30 de xullo do 2022, de 21:30 a 00h, gustaríanos compartir con vós unha xornada para observar as nosas queridas vacalouras. Visitaremos un dos 14 percorridos que temos en Galicia para o Seguemento Europeo da Vacaloura (European Stag Beetle Monitoring Network) e desfrutaremos das vacalouras que se acheguen, ademáis de desfrutar de vagalumes, morcegos e…

Presentación do Proxecto SOnat (Morcegos de Galicia)

Velaquí unha xornada máis Falando de natureza, na que coñeceremos de primeira man a nova iniciativa dos compañeir@s de Morcegos de Galicia: o Proxecto SOnat.  No marco desta proposta, a entidade ten previsto focalizar o seu esforzo en recoller datos da especie mais descoñecida da nosa fauna quiropterolóxica: o morcego migrador (Pipistrellus nathusii). SOnat procurará determinar, en base a mostraxes…