Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora…

As Avelaíñas da Carballeira de Caldas de Reis

O Xoves, 14 de xullo do 2022 de 22:30h a 01:30h, terá un lugar unha actividade que tiñamos moitas ganas de facer, unha mostraxe de avelaíñas na Carballeira de Caldas de Reis, para dar a coñecer aos veciños e veciñas a estes misteriosos lepidópteros que se agochan na súa cidade. Con esta actividade tamén pretendese poñer en valor…

Verdegaia arranca o Xullo Deseucaliptizador en Froxán (Lousame)

Logo do éxito da força expedicionária á Serra da Estrela, as Brigadas voltan á casa con dúas accións en Froxán (Lousame) programadas para este mes de xullo. A primeira, no domingo 10, abrirá unha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territoria coa Fundación Montescola, nas…

Verdegaia participa na Plataforma en Defensa de Torneiros no Porriño

Veciñanza da parroquia de Torneiros no Porriño organízanse para opoñerse á construción dun Centro de transporte. Un novo polígono de 25 hectáreas promovida pola Zona Franca de Vigo que constará dun aparcadoiro para camións e servizos para os camioneiros (hostal, restaurante, gasolineira…). O centro de transporte previsto conta cunha superficie desproporcionada que implicará a expropiación…

Anguilas y angulas: ¿Prohibición o uso sostenible?

Continuamos as actividades do programa “Falando de natureza”, retomando esta conferencia que tivo que ser adiada o pasado mes de maio. Tal e como tiñamos previsto, poñeremos a nosa atención na anguía, peixe cunha bioloxía sorprendente e unha vida cabalo entre as augas doces e salgadas: dende o mar dos Sargazos, onde ten lugar a posta,…

Concurso de Fotografía da Natureza na Torre de Hércules

O Grupo Naturalista Hábitat, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, comprácense en organizar o 1º concurso de fotografía da natureza na contorna da Torre de Hércules, con motivo da celebración do seu XIII aniversario na listaxe do Patrimonio Mundial (2009-2022). Un evento que nace co obxectivo de poñer en valor a fauna, flora…

XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

A Asociación BREXA participa, desde o ano 2018, nas campañas de Limpeza Simultánea de Ríos organizadas por Proxecto Ríos. Esta asociación tamén organiza anualmente un Encontro de Voluntariado e este ano decidiron celebralo en colaboración con nos. Os participantes farán un pequeno roteiro para coñecer os nosos proxectos. O programa da actividade vai ser:10:30 Encontro…

Eu Quero Razo – Baldaio (campaña 2022)

Un ano máis, o Concello de Carballo lanza o programa Eu Quero Razo – Baldaio para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido. Nesta campaña 2022, ademais do G.N. Hábitat, Senda Nova e ADEGA, o proxecto conta agora coa participación doutras entidades compañeiras, como son a Coordinadora…

A APDR presenta a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS: DOMINGO 19 DE XUÑO ás 12h

Hoxe presentamos na Peregrina a nova… … MARCHA CONTRA CELULOSA o vindeiro DOMINGO 19 DE XUÑO ÁS 12H, SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. ENCE XA É PASADO … CUMPRE AGORA LOITAR POR RECUPERARMOS O FUTURO! Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e…

HÁBITAT presenta a Campaña 2022 – Vacaloura (Lucanus cervus)

Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos case 600 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir afondando no coñecemento…