II Xornada de Eliminación e EEI no río Limia

A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”, que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Os traballos de eliminación no río Limia foron unha continuación dos iniciados pola Delegación de Ourense da…

ADEGA alerta do perigo de seca no río Sar

Debido á ruptura da presa da canle de derivación a auga que discorre polo cauce do río Sar estase a drenar polo burato da presa coa subseguinte perda de caudal augas abaixo. Isto provoca, sumado ás inexistentes precipitacións destes últimos meses, que no treito sinalado o río Sar estea practicamente seco, chegando ao límite de…

ADENCO presenta nova documentación en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da “senda do Tea”

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado esta semana sendos escritos perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Consellería de Medio Ambiente en relación cos expedientes sancionadores e os impactos ambientais da senda do Tea neste espazo incluído na Rede Natura 2000. O primeiro dos escritos enviouse á Confederación Hidrográfica Miño-Sil en relación co expediente sancionador…

As novas ataguías previstas no río Miño tamén incumprirían a Declaración de Impacto do proxecto da Fábrica da Luz de Lugo

ADEGA, personada no expediente do proxecto da minicentral da fábrica da luz, presentou hoxe alegacións ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente contrarias á execución das novas ataguías propostas polo Concello de Lugo e a empresa INCA no río Miño e…

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre dous novos expedientes sancionadores aos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras do paseo fluvial do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de ter coñecemento do inicio de dous novos  expediente sancionadores por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra os Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras realizadas para a construción do paseo fluvial do río Tea. Estes dous novos expedientes son independentes do expediente sancionador coñecido fai uns días vinculado con…

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador aos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras do paseo fluvial do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de ter coñecemento do inicio do expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra os Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras realizadas para a construcción do paseo fluvial do río Tea. Desde hai case tres anos, o Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciando o impacto destas obras sobre o…