O sábado 10 de abril, sobre as 9:30 da mañá, puidemos observar diversos vertidos ao longo do río Lérez, algúns deles certamente aparatoso. E aínda que nalgún caso trátase de vertidos que se veñen repetindo sistematicamente desde hai tempo, non deixan de ser preocupantes, non só pola súa incidencia na calidade das augas do río,…
Categoría: Medio fluvial
ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI
ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado,…
O Concello de Lugo tramita un plan urbanístico lesivo co río Rato, preto de onde promove un barrio ecolóxico
Co fin de obter o visto bo do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o plan que se está a tramitar presenta o ámbito afectado como unha zona degradada e sen interese, cando a realidade ten un setenta por cento da súa superficie ocupada por formacións naturais de bosques autóctonos e de prados…
Xunta e Estado renuentes a liberar os nosos ríos de encoros caducados
Este 14 de marzo é o Día Internacional de acción polos ríos, anteriormente día de loita contra os encoros. Galiza é un dos territorios europeos con maior presión hidroeléctrica nos seus ríos (ver imaxe, crédito European Rivers Network), mais as administracións galega e española amosan pouco entusiasmo por liberalos. Ducias de encoros curtucircuitan a rede…
O CES lembra que os bosques dos ríos non son xardíns
Os nosos ríos danos de beber, regan o albariño e as hortas, límpannos, son espazos de lecer e abastecen de auga á industria. Ríos e regatos que aportan frescura e beleza á nosa paisaxe, e son un refuxio de vida natural. Son os ríos dos salgueiros e ameneiros, das londras, libélulas, troitas, martiños peixeiros, garzas…
ADENCO felicita ao Concello de Ponteareas pola súa intención de construír unha nova depuradora,como sempre defendeu o colectivo
O Grupo Ecoloxista ADENCO quere felicitar ao goberno municipal, que leva seis anos á fronte do Concello de Ponteareas, logo do anuncio (un máis) en relación á construción dunha nova depuradora en Moreira, augas abaixo da actual. Recordamos que xa se prometeu anteriormente o saneamento de Ribadetea, que continúa tamén á espera, ao tempo que…
Novo vertido de augas fecais no Río pintos
Na mañá do pasado xoves 28 de xaneiro, varias persoas usuarias do “sendeiro do Gafos” puideron observar no río un aparatoso vertido de augas fecais que tiña a súa orixe nun sumidoiro existente na canle. Tal como se pode observar no video que xuntamos, todo indica que o vertido prodúcese a desbordar o sumidoiro pola…
Verdegaia denuncia vertidos ao río Tambre
Grazas ao aviso dunha colaboradora pudemos interpoñer denuncia por vertidos ao río Tambre ante Aguas de Galiza e o Seprona. Estes vertidos levan véndose varias semanas no río e, nunha visita realizada o día 4 de novembro púdose observar desde a área recreativa e piscina fluvial de Tapia, Ames (comarca de Compostela), e continuando río…
Verdegaia denuncia Grupo Mineiro Santa Comba por verteduras por metais pesados
O 26 de outubro, e en datas posteriores, diversos colectivos ambientais e agrarios denunciamos ante Augas de Galicia a existencia de verteduras desde o “Grupo Mineiro Santa Comba”, consistente en achiques de augas residuais industriais de mina procedentes das plantas inundadas do referido grupo mineiro. Tales achiques eran vertidos desde unha serie de balsas de…
ADEGA insta a crear un órgano mixto de xestión pública do río Miño ao seu paso por Lugo
Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) pretendemos dar a nosa postura sobre a actual xestión que o Concello de Lugo está a facer do río Miño, que lembremos trátase dun espazo natural protexido, con cualidades excepcionais, declarado como Zona de Especial Conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, zona de Rede Natura 2000 e zona núcleo da Reserva…
A Xunta dá osíxeno á mineira de Touro autorizándolle desviar temporalmente tres regos en espera dun novo proxecto
Augas de Galiza aproba o transvase temporal por 7 meses das augas de tres regatos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro marxe para buscar unha “solución definitiva” ás augas contaminadas. Esta era a proposta que Explotaciones Gallegas S.L., socia de Atalaia Mining no proxecto de Touro, presentou á Xunta para abordar…
Iberdrola quere seguir a espremer os ríos galegos cun novo megaproxecto hidroeléctrico
Iberdrola está a tramitar outro megaproxecto hidroeléctrico de 900 MW usando como “depósitos” os encoros de Cenza e Bao. Máis de 15 km de túneis, unha central en caverna a 600 m baixo o Macizo Central e millóns de m3 de entullo en plena RN2000… O denominado “aproveitamento hidroeléctrico Conso II” pretende conectar os encoros…