Recollían días atrás os medios de comunicación a nova de que o Alcalde de Barro, Sr. Abraldes, propuña conectar as augas residuais do polígono de Sequeiros á EDAR de Os Praceres, unha idea coa que na APDR non podemos concordar e que agardamos sexa rexeitada polo Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Debemos…
Categoría: Medio mariño
Resumo da limpeza en Montalvo do 16 de Outubro
Só puidemos recoller durante unha hora pois tivemos que retirarnos antes do esperado debido á choiva. Polo tanto só percorremos unha cuarta parte da lonxitude da mesma, pola súa parte leste. O volume recollido non foi moito, sen embargo é preocupante a cantidade de anacos pequenos de plástico atopados (entre 10 e 0,5 cm). Este…
Máis de 1000 persoas participaron na X edición da Limpeza Simultánea de Praias
Durante a pasada fin de semana (15 e 16 de outubro), unhas 26 entidades entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na Décima edición da Limpeza Simultánea de Praias. Aínda que o tempo non acompañou,…
A Federación Ecoloxista Galega remite escrito de observacións aos Plans de Ordeación do espazo marítimo (POEM) e ao Plan de ordeación da demarcación marítima noratlántica
A FEG alerta das ameazas que implica a ordenación de actividades na costa galega, a priori competencia do estado, mais sen estudo específico sobre as necesidades e impactos en Galiza. Entre as mais graves encóntrase a instalación de parques eólicos mariños flotantes que, dada a batimetría da costa galega, precisan grandes estruturas de ancoraxe sobre…
ADEGA oponse ao novo dique que o porto deportivo de Sanxenxo quere construír fronte á Carabuxeira
Nauta Sanxenxo, a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo desta localidade vén de solicitar permiso da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para colocar un dique perpendicular á praia de Carabuxeira, de 100 metros de longo de formigón armado, para corrixir a alteración hidrodinámica que o porto deportivo de Sanxenxo exerce sobre este…
Eólica mariña: outra volta o carro diante dos bois
Xa están en tramitación dous parques eólicos (Iberdrola) fronte á costa galega, mesmo denantes de existir unha planificación do sector enerxético no mar. Nen sequera agardaron á aprobación do POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Mariño) que nestes intres tramita o Ministerio, e que aliás da enerxía atinxe a outras moitas actividades e usos que…
O Porto de Vilargarcía teima en seguir deitando dragaxes en Sálvora malia á prohibición do Ministerio
O pasado abril o Ministerio de Transición Ecolóxica prohibíu o depósito de áridos no punto de vertido de Sálvora até contar con alternativas. Sorprende que Vilagarcía, dependente de Portos do Estado (Ministerio de Transportes), pretenda agora deitar máis dragaxes nese mesmo punto. Nestes días remata o prazo de consultas previas do proxecto de dragaxe da…
A paralización dos dragados no canal da ría e a súa xestión
A recente paralización por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica da vertedura dos materiais de dragado procedentes do canal da Ría de Pontevedra é consecuencia, por unha parte da gravidade do impacto ambiental que se leva producindo no entorno da Illa de Sálvora, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e por outra, da necesidade…
Verdegaia presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo
O pasado 29 de marzo publicábase no DOG un anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sometendo a información pública o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O Parque, que foi declarado como tal en 1992,…
Clamor pola defensa da biodiversidade na praia da Calzoa en Vigo
Verdegaia, xunto con outros colectivos, vimos denunciando o uso desta praia desde 2018, agora a Comisión Europea emite resposta á petición da cidadanía. Recibida resposta da Comisión Europea relativa á petición número 0405/2020, sobre a ameaza que supón para o ecosistema da praia da Calzoa en Vigo ser designada como espazo de esparexamento canino polo…
A APDR denuncia novos vertidos na ría
Transcorridas apenas 72 horas desde que a Asociación Pola Defensa da Ría dera a voz de alarma pola existencia dun vertido na Ría á altura do paso elevado existente nas inmediacións da fábrica de celulosa, sorpréndenos un novo vertido, nesta ocasión no peirao das Corbaceiras, na zona onde se atopan unhas naves utilizadas por un…
ADEGA e a PDRA presentan recurso contra a autorización para desviar regos na mina de Touro
ADEGA e a PDRA (Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa) veñen de recurrir en alzada a decisión de Augas de Galiza de autorizar o transvase temporal das augas de tres regos da contorna da mina de Touro, con destino á balsa de Vieiro. Este polémico proxecto, presentado a principios de 2019 pola empresa que…