Logo de 8 anos de silencio SOGAMA vén de publicar (por imperativo legal, consonte a Lei 1/2016 de Transparencia) a súa memoria de actividade de 2015. Dende 2008, e coincidindo coa chegada de Feijóo ao poder, as cifras de SOGAMA eran segredo de estado. Tan só datos espallados nos Planos de residuos e algún outro…
Categoría: Residuos
Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame
O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia…
Grande parte dos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro incumpren os límites legais de contaminantes
Perante os diversos intentos de SOGAMA de ‘deslocar’ o seu vertido de residuos a outras ubicacións diferentes da Areosa (Trazo, Ordes…) ADEGA requeríu da administración a caracterización destes refugallos. A crecente preocupación da poboación situada nos arredores destes novos vertedoiros estaba xustificada: a prática totalidade dos refugallos analisados incumpren cos mínimos legais de contaminantes. Residuos…
36.000 toneladas de pneumáticos galegos teñen como destino o esquecemento ou a incineración
Tres vertedoiros de pneumáticos “históricos” en Galiza (Fene, As Somozas e A Laracha) agardan por un tratamento que, de súpeto, virou prioritario para a Xunta. O “efecto Seseña” revelou o esquecemento dun problema que non interesou até que comezou a fumegar. A xestión dos pneumáticos usados en Galiza é moi deficiente. Apenas existen instalacións adicadas…
Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost
O recente anuncio por parte da Xunta-SOGAMA da licitación dunha “planta de compostaxe” por 3.940.000 euros (+ IVE) que a entidade pretende instalar ao carón do macrovertedoiro da Areosa, suscita serias dúbidas sobre a natureza e a legalidade do proxecto. O sistema de recollida de SOGAMA non permite seleccionar separadamente en orixe a materia orgánica,…
No que vai de ano SOGAMA gastou en incineración e vertido 468 millóns de € e só 0,09 en compostaxe
A incineradora de Cerceda e o modelo SOGAMA que apoia a Xunta baseado na incineración e o vertido dos residuos urbanos, é un perfecto exemplo de desbaldimento de recursos e de ruína para as arcas públicas. SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. No que vai de ano, e alén do gasto corrente, a…
O CES considera urxente a posta en funcionamento dun plan de compostaxe de materia orgánica para levar a cabo no Salnés.
O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) elaborou en abril un documento con propostas de xestión ambiental de ámbito municipal e distribuíno aos partidos políticos que se presenten ás eleccións de maio de 2015 nos concellos do Salnés. Dentro deste documento, e a modo de medida urxente, o CES propón un cambio no modelo de xestión…
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite a trámite a denuncia ecoloxista contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA
A Presidenta da Comisión de Peticións do PE, Cecilia Wikström, vén de comunicar aos grupos da Plataforma Galega contra a Incineración, a admisión a trámite da denuncia contra a Xunta-SOGAMA por incumprir a lexislación comunitaria de residuos. Logo de que en maio de 2013 o PP en solitario rexeitara debater a ILP pola reciclaxe e…
O ´porta a porta´de San Sadurniño consegue unha importante redución de residuos
O pasado 29 de xaneiro persoal do concello de San Sadurniño e de ADEGA visitamos casa por casa aos participantes neste proxecto de recollida porta a porta e compostaxe. O proxecto atinxe á zona limítrofe de San Sadurniño e Naraío e a parroquia de Ferreira, unha rota de 40 Km para recoller o lixo de…
Por un modelo participativo e descentralizado de xestión de residuos baseado na política dos 3Rs
Diante do debate suscitado en Pontevedra pola proposta de instalación dunha Planta de compostaxe en terreos do municipio, desde a APDR queremos subliñar o seguinte: . 1.- A APDR apostou desde sempre por un modelo participativo e descentralizado de xestión de residuos sólidos urbanos (RSU) sostíbel, un modelo baseado na política das 3Rs e que…
Protestos contra a planta de compostaxe de Pontevedra: ignorancia ou eleitoralismo?
Unha vez máis atopámonos co mesmo conflito: a ubicación dunha planta de tratamento de residuos xera oposición veciñal, normalmente dos habitantes contorna e informados en moitos casos polo partido político da oposición. En principio, o feito é é facilmente entendíbel xa que a ninguén lle gosta ter unha morea de residuos preto, e se non…
San Sadurniño pon en marcha o primeiro programa de recollida´porta a porta´no rural de Galiza
O Concello de San Sadurniño xa ten a punto o programa experimental de recollida de lixo “porta a porta” polas casas, que comezará a probarse en Ferreira e nalgúns lugares lindeiros con esta parroquia a partir de decembro. O proxecto servirá para ver a viabilidade dun sistema alternativo de recollida e compostaxe dos residuos domésticos…