No domingo 10 de abril as Brigadas voltan á carga tombando eucaliptos na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). A roga comezará ás 09:45 da mañá e teremos como punto de encontro a encrucillada chamada “Cruz da Armada“. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE este xoves día 7 de abril. As prazas son limitadas e…
Categoría: Xeral
O Ministerio dinamita o procedemento de avaliación ambiental dos proxectos de renovábeis
Un decreto estatal suspende por tres anos (até decembro de 2024) a tramitación ambiental dos parques eólicos e centrais solares, substituíndoa por un informe de parte sen consulta pública. Asemade, redúcense e concéntranse os prazos e trámites, tal como fixera Feijóo coa lei de “depredación”. O Real Decreto-Lei 6/2022 polo que se adoptan medidas urxentes no…
Reunión en Tameiga co presidente do Celta: Tildan de máis do mesmo ao novo proxecto do Celta
A Comunidade de Montes de Tameiga recibiu a representantes do Celta de Vigo, entre eles, Carlos Mouriño, presidente do club de fútbol, quen presentaron o “novo proxecto” de cidade deportiva en montes comunais das parroquias de Tameiga e Pereiras. A xunta reitora de Tameiga entende que o novo proxecto non é máis que unha manobra…
Resposta conxunta ás tentativas de intimidación da mineira australiana de Virilongo e San Finx
Verdegaia, Ecoloxistas en Acción e a Comunidade do Monte Veciñal de Grixoa de Esternande (Santa Comba) súmanse para denunciar a máis recente tentativa de intimidación de Rafaella Resources, a mineira australiana que está detrás das minas de estaño e volframio de Varilongo e San Finx. As tres entidades foron denunciadas pola empresa ante a Garda…
Loita contra a invasión eólica, o eucalipto, a incineración do lixo e a emerxencia ambiental global: retos de ADEGA en 2022
A Asociación ecoloxista ADEGA celebrou onte a súa 46ª Asemblea Xeral de socios e socias na que fixo balanzo do traballo de 2021 e na que tamén acordou as liñas estratéxicas da organización durante 2022. Os socios e socias de ADEGA determinaron manter latente a mobilización social e a ofensiva ecoloxista contra a actual avalancha…
Exitosa mobilización diante do Parlamento pola defensa dos dereitos cidadáns fronte a invasión eólica
Centos de persoas, convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte a FEG, concentráronse diante das portas do Parlamento Galego e da Valedora do Pobo para denunciar o recurte de dereitos democráticos da cidadanía galega durante a actual vaga eólica. Varios representantes da coordinadora leron un manifesto titulado “Feijóo, non imos calar! Pola…
ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2021
Os galardóns entregaranse o 27 de marzo, no decurso da 46 Asemblea Xeral de ADEGA. Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. Este 2021 prémiase en positivo a loita fronte a invasión…
As afirmacións de Rafa Domínguez: perversidade ou simple ignorancia?
Tennos acostumado o portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, ás súas afirmacións gratuítas, que nada teñen que ver coa realidade. Porén, as realizadas nestas últimas datas en relación coa admisión polo Tribunal Supremo (TS) dos recursos de casación de ENCE e outras 10 entidades contra unha das sentenzas da Audiencia Nacional (AN) que anularon a…
“NOVA XURISPRUDENCIA” do Tribunal Supremo para concesións na Costa… A “APDR” discrepa sobre a posíbel aplicación no caso de ENCE
Recollían os medios de comunicación o pasado fin de semana unha sentencia ditada polo Tribunal Supremo en relación á anulación da prórroga a unha concesión dunha vivenda no litoral de Murcia; e facíanse comparacións coa situación xudicial na que se atopa hoxe a fábrica de ENCE. Debemos indicar, en primeiro lugar, que hai xa algún…
O sábado 12-M desacaciamos Lentille
A Asociación Veciñal de Lentille volve reconvocar para o sábado 12 de marzo as Brigadas para seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro. Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar…
Inagurada a exposición virtual coas ilustracións do IX Certame de Debuxo da Natureza
Comprácenos anunciar que xa podedes acceder á sala de exposicións virtuais de Emalcsa donde poderedes ver todas as obras presentadas no IX Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A vida a rentes do chan”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e…
Xunta e PP manipulan o informe do Consello Consultivo de Galicia
Tan pronto o Presidente da Xunta anunciou que ía solicitar ao Consello Consultivo de Galicia (CCG) un Informe sobre a viabilidade de adscribir os terreos de dominio público ocupados pola empresa ENCE á Autoridade Portuaria de Marín, desde a APDR advertimos da posíbel utilización “interesada” do Informe por quen pretenden buscar unha “solución xurídica” que…