A APDR presentou suxestións á modificación do Plan sectorial de ENCE

A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de presentar suxestións no “Trámite de consultas previas” do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do plan denominado “Modificación nº 1 do Proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán (Pontevedra)”, un PSIS que foi ditado no seu día para a instalación dunha fábrica de papel tisú e…

Balanzo 2021: o ano do espolio disfrazado de transición verde

O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio ambiente e deseñada á vontade dos grandes lobbys económicos. Nomeadamente, a grande industria enerxética, forestal e mineira están a utilizar a escusa da…

Alegacións ao proxecto de actuación sobre as Presas de Residuos Mineiros N.º 1 e N.º 2 do Grupo Mineiro San Finx (Lousame), presentado por Tungsten San Finx S.L. no procedemento de restauración do Dominio Público Hidráulico afectado polas presas de San Finx

Alegamos as intencións da Empresa que xestiona as Minas de verter os residuos mineiros tóxicos e contaminantes á Ría de Muros-Noia Denunciamos a misteriosa “desaparición” das balsas de residuos convertidas agora en presas de centrais hidroeléctricas Aguas de Galicia e o Grupo Mineiro San Finx queren desta maneira evitar os preceptivos estudos de Impacto Ambiental…

Novo chanzo na carreira “PoPular” pola ilegalidade e a fraude

Temos visto as declaracións da senadora do PP, Pilar Rojo, a raíz da súa presentación no rexistro do Senado dunha pregunta sobre a adscrición á Autoridade Portuaria dos terreos de dominio público marítimo-terrestre que hoxe ocupa ENCE en Lourizán, e o certo é que aínda sabendo que se trata dunha estratexia que o PP está…

A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle á veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022. Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal…

(APDR) Sobre as valoracións interesadas de Rafael Domínguez

Temos visto na APDR a valoración que fai Rafael Domínguez, presidente do PP en Pontevedra, ao respecto do Informe sobre as posibilidades de adscribir á Autoridade Portuaria os terreos de dominio público que hoxe ocupa ENCE en Lourizán. Trátase do Informe solicitado polo Presidente Feijóo na procura dun xeito de burlar a Lei de Costas…

Asunto ENCE: que ten mudado trala reunión Feijóo-Ribera?

A entrevista que mantiveron o pasado xoves a Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, máis alá das interpretacións interesadas por parte deste último e do triunfalismo transmitido polos medios oficiais do Goberno galego, deixa as cousas practicamente igual que estaban. De acordo coa…

A FEG solicita ser parte no procedemento aberto da mina de Touro

O expediente da Mina de Touro volve estar aberto, desde que Cobre San Rafael SL presentou recurso de alzada contra a resolución negativa da Xunta para o proxecto mineiro. A FEG ven de solicitar personarse como parte interesada no expediente, co obxecto de alertar do perigo que representaría a reactivación da explotación. A Dirección Xeral…