Arrasan un dolmen e levan unha das laxes para adornar un xardín

ADEGA e Mariña Patrimonio presentamos o pasado 9 de maio unha denuncia perante o Servizo de Patrimonio Cultural, despois de termos noticia da destrución do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira (Budián, O Valadouro- Lugo) no transcurso duns labores forestais. Segundo a información achegada por diferentes fontes, supostamente os responsables dos danos infrinxidos na…

Ante o escrache ao alcalde de Pontevedra: Elnosa fóra XA!

Recentemente o comité de empresa da fábrica de cloro Elnosa, nas mans do sindicato CCOO, anunciaba a realización dun escrache “nas proximidades da vivenda” do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, supostamente como maneira de reivindicar a continuidade da empresa química en Lourizán. . Desde a APDR aproveitamos a ocasión para lle lembrar ao…

O Plan de Saneamento da Ría de Pontevedra

Veñen de saír á luz algúns aspectos considerados no novo Plan de Saneamento da Ría impulsado pola Xunta de Galicia, e hai algúns deles que non por agardados deixan de ser preocupantes. Tal como recollen os medios, o goberno galego ten decidido xa facer un novo emisario que vertería máis afora do punto no que…

Novas rebaixas nas ofertas de ENCE, deixar ver a súa propia cara

Vaia por diante que, como xa denunciamos no seu día, na APDR estamos en contra da instalación dunha planta de biomasa de ENCE en Lourizán, como estamos en contra da presenza da propia pasteira na Ría; pero, dito isto, cremos que coa decisión de non facer esta inversión na comarca, ENCE deixa ver -máis unha…

Os recadeiros de ENCE

Hai uns quince días, asistiamos en Pontevedra a un feito insólito… ENCE enviaba a uns propios á Deputación provincial cun importante recado da empresa. E o insólito non é que ENCE mande a alguén de confianza a levar un recado á Deputación; o verdadeiramente insólito -por escandaloso- é a identidade dos propios elixidos nesta oportunidade!…

A APDR alega contra o paseo peonil e carril-bici aos Praceres

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) vén de presentar alegacións ao proxecto da “Unión do Itinerario peonil entre Marín e Placeres”, un proxecto que -en boa medida- entra en contradición coa aspiración da Asociación de recuperar a zona que hoxe ocupan algunhas infraestruturas viarias como a PO-11 e a PO-12 e o…