Como era de agardar, o PP na Xunta de Galicia vén de dar o primeiro paso para tratar de conseguir que ELNOSA poida continuar en Lourizán máis alá do mes de decembro deste ano. E a estas alturas non lle pode sorprender a ninguén que o faga, como non pode sorprender tampouco que inicie os…
Categoría: Xeral
Esterqueiras no río Gafos
Revelóume un amigo que en certa ocasión tivo que madrugar e cara ao seu destino atravesar o centro de Pontevedra. Era o día seguinte das Peñas-touradas. El viña a pe, pensando que rúas ou prazas tería que sortear para salvar os restos da bacanal algueirada. Inda era moi cedo. A súa sorpresa foi que atopou…
A Xunta de Galicia e o proceso de “regulación” do emisario de ENCE
Recoñecía a Xunta de Galicia en comisión parlamentaria e por boca dun representante de Augas de Galicia, que o emisario que están a utilizar ENCE e os Concellos da Ría que mandan os seus vertidos á depuradora de Os Praceres, non ten o preceptivo permiso de concesión en dominio público, algo que -por outra banda-…
ELNOSA ¿Peche definitivo o corrupción ambiental?
O pasado 20 de xuño, e en escrito dirixido ao Director Xeral de Medio Ambiente, D. Daniel Calleja, solicitabamos amparo desde a APDR á Comisión Europea diante do máis que previsíbel incumprimento da Directiva 2010/75/UE por parte da Xunta de Galicia. As declaracións dalgún alto cargo do goberno galego facían pensar que, en efecto, se…
A Xunta confirma a sanción de 6000€ ao Concello de Ponteareas pola destrucción de parte do Castro da Croa
ADENCO acaba de recibir a comunicación Xunta de Galicia pola que se desestima o recurso de alzada que interpuxo no seu día o Concello de Ponteareas contra a resolución da Consellaría de Cultura, concretamente da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se sancionaba ao Concello ao pago de 6000,00€ pola destrución de parte dun parapeto…
Feijóo apóntase á loita contra o cambio climático, logo de ter lexislado para favorecelo (Artigo de opinión de Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA)
Logo de décadas de negar o evidente, a reconversión dalgúns políticos en paladíns da loita contra a mudanza climática non deixa de sorprender. Esquecidas xa as receitas do “primo” de Rajoy, agora toca apontarse á “descarbonización” co entusiasmo propio dos novos conversos… Mágoa que para o planeta talvez sexa tarde, e só poidamos aspirar a…
Organizacións sociais denuncian a CORRUPCIÓN AMBIENTAL do goberno Rajoy cos lobbys empresariais da telefonía e as eléctricas en detrimento da Saúde Pública e o Principio de Precaución.
A Administración do PP, a través do Mº de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, presentou en abril un informe auspiciado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT), con gran difusión nos medios, que ignora os miles de estudos científicos que constatan os riscos dos campos electromagnéticos (CEM) na saúde e as recomendacións institucionais proteccionistas….
Pontenciencia, biodiversidade, saúde humana e ambiental
O pasado 3 de xuño en Pontevedra, en vésperas do día mundial do medio ambiente, os actos contra a eucaliptización e a marcha contra celulosas coincidiron coa clausura da edición 2017 de Pontenciencia, feira da miniciencia de proxectos de investigación no ámbito escolar. En dita edición unha familia presentou un experimento sobre “a biodiversidade dos…
Medio Ambiente alerta aos axentes do distrito para que non se maltraten animais nas festas do corpus
O Grupo Ecoloxista ADENCO recordou nestas últimas semanas ás administracións competentes, tanto á Consellaría de Medio Ambiente como ao Concello de Ponteareas para que non repitan os feitos denunciados no último ano. A Consellería indicoulles aos ecoloxistas que a actuación da utilización de animais salvaxes no cruceiro vexetal está prohibida e que o ano pasado…
Vaipolorío presenta unha semana de actividades no río Gafos
· MARTES 6, VISITA DE ALUMN@S DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PONTEVEDRA · MÉRCORES 7, VISITA DE ALUMN@S DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PONTEVEDRA · XOVES 8, VISITA DE ALUMN@S DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PONTEVEDRA · SÁBADO 10, PASEO BOTÁNICO CON FRANCISCO JAVIER SILVA PANDO · DOMINGO 11, PASEO “A PÉ” CO COLECTIVO PEDALADAS
Actos do sábado 3 xuño contra celulosas e a eucaliptización
O vindeiro sábado 3 de xuño vanse celebrar en Pontevedra varios actos promovidos pola APDR, nos que a FEG estará presente e ós que vos convidamos a participar: -Pola mañá: PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE EUCALIPTOS, ás 12h na Praza da Ferrería. No marco do día Internacional do Medio Ambiente a APDR, ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega…
ADEGA declarada de Utilidade Pública: xa podedes desgravar as vosas cuotas sociais no IRPF!
Despois de 5 anos de trámites, finalmente a Xunta vén de declarar a ADEGA asociación de utilidade pública. Este feito reportará vantaxes non só para a nosa entidade (acceso a liñas de axuda e financiamento exclusivas, xustiza gratuita -nalgúns casos-, entre outras) senón tamén para todos os socios e socias, que poderán desgravar unha parte importante…