Desecación dunha lagoa na praia de Lourido por unha pala metálica

Este pasado venres, día 6 de decembro, temos observado na praia de Lourido (Poio) unha actuación sobre o medio que non nos pode deixar indiferentes e que, polo que puidemos coñecer, tense feito xa en anos anteriores. Na parte posterior da praia, sobre a zona de vexetación alí existente, fórmase todos os invernos unha pequena…

Manifesto polo cumprimento da Lei e na defensa dos sectores produtivos

Cando na “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar” do “Ministerio de Transición Ecológica”, toman a decisión de non defenderse fronte aos recursos contrarios á prórroga de 60 anos a ENCE, fano porque entenden que a concesión da amentada prórroga foi contraria á Lei. E basean a súa decisión nun informe da…

ENCE, Fronte á chantaxe, responsabilidade!

Tal como recollen os medios de comunicación, o Sr. Colmenares, “Consejero delegado de ENCE”, á saída da Junta de accionistas, explicou cal vai ser o futuro da fábrica que ENCE ten en Lourizán. E nun discurso absolutamente cargado de mensaxes cos que pretende chantaxear á cidadanía da comarca e aos partidos políticos, afirmou que ou…

A “APDR” propón para os “Cidade de Pontevedra”, ás mariscadoras de Lourizán que hai 60 anos opuxéronse á chegada de ENCE á ría

De forma excepcional por se tratar do 60 aniversario dunha loita que ao seu entender é merecente do recoñecemento do Concello de Pontevedra e do conxunto da cidadanía da comarca, a APDR vén de propoñer para os Premios “CIDADE DE PONTEVEDRA-2018”, a candidatura das mariscadoras de Lourizán que loitaron de forma continuada -e por todas…

A APDR presenta recurso de alzada contra a revisión da AAI de ENCE

A  “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), vén de presentar Recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia pola que se revisa a Autorización Ambiental Integrada da fábrica de ENCE, unha revisión que admite varias das alegacións da Asociación pero que, basicamente,…

“Paraíso roubado”, o documental da “APDR”, cruza o charco

O documental “PARAÍSO ROUBADO”, producido no ano 2017 pola APDR e dirixido por Lukas Santiago, consegue o respaldo internacional ao seren seleccionado para a súa exhibición en dous festivais ao outro lado do charco. Tralo seu debut internacional en Colombia, na sección oficial do “Festival Internacional de Cine Calibélula”, participará na sección oficial “Paraná Internacional…

A APDR alega contra un novo emisario

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentou o pasado venres día 2 de novembro alegacións ao novo emisario que levaría as augas residuais urbanas dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio e parte de Vilaboa desde a saída da EDAR de Os Praceres ata o entorno das praias de Portocelo, Aguete e Mogor,…

Ao Comité de Empresa de ENCE

De acordo co recollido nos medios de comunicación, os Comités de ENCE, regresaron de Madrid despois de entregar un “dossier” onde explicaban a repercusión económica da empresa na nosa comarca e a imposibilidade do seu traslado. Deixando de lado que falan de 409 postos de traballo directo na fábrica, cando a propia ENCE na “declaración…

29 de xullo: o principio do fín do complexo ence-elnosa

Sen deixar de manter a necesaria cautela, e agardando que a Dirección Xeral de Costas decrete a caducidade da concesión de ELNOSA o próximo 29 de xullo, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) felicítase pola noticia de que ELNOSA pechará a súa actividade en Lourizán nesa data, dando por feito que non conseguirá prorrogar…