O vindeiro sábado, 12 de setembro do 2020, de 09:30 a 13h, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión acompañaremos aos compañeiros do Grupo de anelamento Hércules nunha xornada de anelamento científico de aves, na súa estación de esforzo constante en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo…
Etiqueta: HABITAT
Proxecto Ríos: 15 anos unindo ríos e persoas
Este xoves continuaremos cos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual, achegándonos a un dos proxectos ambientais máis destacados da nosa comuninidade: o Proxecto Ríos. Nacido no ano 2005, e coordinado polos compañeiros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), o proxecto procura divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar…
VIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: Natureza Viaxeira
Chegamos xa á 8ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o VIII CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “Natureza Viaxeira“, o G.N.Hábitat…
Introdución á vida secreta das abellas
Continuamos cos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual. Desta volta, cunha xornada moi especial en conmemoración do Día Mundial das Abellas. Foi no pasado ano 2017, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou establecer o 20 de maio como data para celebrar o Día Mundial das Abellas, co obxectivo de xerar conciencia sobre a…
Grazas por este ano 2019!
Este 2019 o Grupo Naturalista Hábitat celebramos o noso 40 aniversario, un ano cheo de bos recordos e lembranzas, rodeados de todos vós, que nos acompañades actividade tras actividade, sempre dando folgos para seguir traballando en prol da divulgación e protección do medio natural galego. Este ano, coa inestimable axuda dos nosos socios e colaboradores,…
Sociedade Galega de Historia Natural e Hábitat Protexen a Praia de Sada
Para rematar o ano 2019, queríamos facer algo especial. Lévamos ata o de agora 7025 m2 de espazos protexidos polas doazóns das accións realizadas con Hábitat Protexe e das cotas dos nosos socios e gustaríanos CHEGAR Á HECTÁREA CONSERVADA este ano. Por iso, iremos o domingo, 29 de decembro do 2019 de 10:30h a 13:30h,…
Resultados do CoruñAves, XI maratón ornitolóxica no concello da Coruña
O pasado domingo 15 de decembro celebramos novamente o CoruñAves: XI maratón ornitolóxica no Concello da Coruña que marca case o colofón ás actividades do grupo neste 2019. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que a pesares da meteoroloxía, cunha maña un tanto inestable, non fixo que os 30 participantes compartiran connosco…
Roteiro e Bioblitz no Monte da Fraga
O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental, organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat, empregando unha técnica, chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da…
Encontros Naturalistas (xaneiro 2018): Os visóns en España
Continuamos con forza neste 2018 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos unha vez máis coa inestimable compañía do Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos, que virá a falarnos sobre os visóns presentes en España: o…
Encontros Naturalistas_xuño 2017: Que fago se atopo un animal ferido?
Neste mes de xuño continuamos cos nosos Encontros Naturalistas, aproveitando para aprender que debemos facer se nos atopamos un animal ferido na nosa contorna. O relatorio virá a cargo do compañeiro e colaborador de Hábitat Pablo R. González Novoa, Biólogo e Técnico de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre. Actualmente traballa no Centro de Interpretación de Avifauna,…
Xornada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”
O vindeiro luns 5 de xuño achégate connosco á xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, que vimos de organizar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que…
O Proxecto Noucho achégase á Universidade de Vigo
O vindeiro xoves 6 de abril os compañeiros Carla e Daniel de Hábitat achegaranse a Pontevedra para presentar novamente o noso Proxecto Noucho, desta volta na Universidade de Vigo. A charla levarase a cabo no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal (ver localización no mapa), e terá lugar ás 11:00h. Dende aquí, agradecer aos compañeiros da…