A FEG diríxese á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o Parque Eólico Xesteirón pola ocupación de Habitats protexidos

A Federación Ecoloxista Galega reitera a súa preocupación pola proliferación de proxectos de parques eólicos localizados en espazos naturais sensibles. A Administración segue a tramitar estes proxectos incumprindo a normativa europea: a FEG ven de dirixir un escrito á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo solicitando apertura de investigación para o cumprimento da Directiva 92/43/CEE…

O sábado 12-M desacaciamos Lentille

A Asociación Veciñal de Lentille volve reconvocar para o sábado 12 de marzo as Brigadas para seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro. Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar…

A administración dá osíxeno ás eólicas mentres afoga á cidadanía

Non só a Xunta favorece ás empresas eólicas poñendo atrancos á participación pública. Tamén o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de ampliar os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez…

Día mundial das zonas Húmidas no Encoro de Abegondo

Hoxe é o Día Mundial das Zonas Húmidas, este día estableceuse tras o Convenio de Ramsar que se celebrou no ano 1971 (e entrou en vigor no ano 1975) para protexer as zonas húmidas do planeta e o seu uso racional. Estas zonas son moi importantes, non soamente pola biodiversidade que albergan, senón tamén polos…

O sábado 19-F desacaciamos Lentille

Rematado o groso dos traballos invernais na viña, a Asociación Veciñal de Lentille volve convocar as Brigadas pra seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro. Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes…

A Xunta tramita a ampliación dunha canteira en Láncara, alegal dende 1983

A canteira “Costal Vello” leva operando décadas sen delimitación, plano de restauración e estudo de impacto. Agora, para poder ampliar e entrar no negocio do formigón, toca poñer ao día esas “omisións”. Como puido operar case 40 anos sen papeis? Un plano de restauración e un estudo de impacto ambiental “que non constaban”… Segundo a…

Xunta e PP manipulan o informe do Consello Consultivo de Galicia

Tan pronto o Presidente da Xunta anunciou que ía solicitar ao Consello Consultivo de Galicia (CCG) un Informe sobre a viabilidade de adscribir os terreos de dominio público ocupados pola empresa ENCE á Autoridade Portuaria de Marín, desde a APDR advertimos da posíbel utilización “interesada” do Informe por quen pretenden buscar unha “solución xurídica” que…