ADEGA vén de solicitar a Medio Ambiente a suspensión dos “campionatos” de caza de raposo que fallan por celebrar, a teor do pouco rigor científico, caducidade parcialidade dos datos dos censos que usa a administración. Métodos pouco científicos, datos desfasados e nesgados, falta de obxectividade… A Xunta asume sen máis os postulados da Federación Galega…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
8 entidades ecoloxistas e conservacionistas pedimos á Xunta que denegue unha tiroliña na Ribeira Sacra
A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de…
O Concello de Ponteareas perde poboación por oitavo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, unha vez máis, en dúbida
Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 39 persoas menos no ano 2018 (no 2017 foron 70), o que supón o oitavo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO…
ADEGA demanda a paralización inmediata do campionato de caza do raposo
O vindeiro sábado 12 de xaneiro ten lugar, por décimo cuarto ano consecutivo, o campionato provincial galego de caza do raposo. Esta competición basease na caza indiscriminada de raposos por cuadrillas formadas por entre 10 e 30 cazadores, premiándose á cuadrilla que consiga matar o maior número de raposos durante a competición. Calcúlase, segundo cifras…
A “APDR” propón para os “Cidade de Pontevedra”, ás mariscadoras de Lourizán que hai 60 anos opuxéronse á chegada de ENCE á ría
De forma excepcional por se tratar do 60 aniversario dunha loita que ao seu entender é merecente do recoñecemento do Concello de Pontevedra e do conxunto da cidadanía da comarca, a APDR vén de propoñer para os Premios “CIDADE DE PONTEVEDRA-2018”, a candidatura das mariscadoras de Lourizán que loitaron de forma continuada -e por todas…
As Brigadas Deseucaliptizadoras estrean o ano no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén)
Arredor de 40 brigadistas participarán na intervención, que terá lugar o sábado, 12 de xaneiro. O punto de encontro é a Casa Cultural de Amoedo, ás 9:30 da mañá. As zonas a deseucaliptizar están enmarcadas nunhas 30 hectáreas, aínda que as actuacións centraranse no entorno da Senda Arqueolóxica de Amoedo, que comezou a súa andaina no 2011…
Cobre San Rafael propón facer un parque temático da contaminación mineira
Na documentación achegada pola empresa en resposta ás graves deficiencias postas de manifesto polos colectivos sociais e os informes da Xunta, seguimos atopando datos sorprendentes. Desta volta trátase dunha rocambolesca proposta que, da man do prof. Felipe Macías pretende, facendo da necesidade virtude, crear o “primeiro parque de estudo de organismos estremófilos”. Semella unha brincadeira…
Nova multa da Confederación ao concello de Ponteareas por verquidos no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por verquido directo ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas…
A APDR presenta recurso de alzada contra a revisión da AAI de ENCE
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), vén de presentar Recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia pola que se revisa a Autorización Ambiental Integrada da fábrica de ENCE, unha revisión que admite varias das alegacións da Asociación pero que, basicamente,…
A mineira de Touro culpa ás vacas da contaminación dos ríos arredor da mina
Ao igual que as balsas e as entulleiras, o expediente mineiro de Touro non para de producir verteduras. Desta volta, pretenden xustificar os elevados níveis de metais tóxicos nos regos que drenan o complexo mineiro, culpabilizando ás explotacións gandeiras. Perante ás contundentes evidencias reveladas polas analíticas de ADEGA e os propios informes de Augas de…
As Brigadas Deseucaliptizadoras rematan o 2018 cunha valoración moi positiva polo traballo desenvolvido
O pasado 8 de decembro, tivo lugar en Froxán (Lousame) a última xornada de traballo por este ano das Brigadas Deseucaliptizadoras organizadas por Verdegaia. 30 persoas estiveron traballando para eliminar manualmente eucaliptos e outras especies arbóreas alóctonas do Campo de Lamas, pertencente á comunidade de montes en man común de Froxán (Lousame). Foi nesta Área…
España poñerá as abellas en perigo se non apoia a guía europea para protexelas dos pesticidas
● Máis de 100 entidades envían unha carta ao ministro de Agricultura solicitándolle que adopte o documento de orientación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) sobre a avaliación do risco de pesticidas para abellas e outros polinizadores. ● Na primeira consulta realizada pola Comisión Europea, España opúxose á adopción inmediata deste documento. ● O…